Rondelétidos
Os Rondelétidos (Rondeletiidae) son unha familia de peixes mariños teleósteos, incluídos na orde Cetomimiformes. Distribúense por tódolos océanos e coñécense popularmente como peixes balea.
Características
[editar | editar a fonte]Miden ó redor de 11 cm, co corpo groso, ensanchado na rexión cefálica. Aleta dorsal única e posterior; aleta anal tamén única, oposta e similar á dorsal; pelvianas pequenas e en posición subabdominal; pectorais pequenas. Carecen de espiñas nas aletas. Rondeletia bicolor posúe unha espiña por riba do ollo, cara a adiante, da que carece R. loricata. Liña lateral formada por 14-26 filas verticais de poros.
Son peixes batipeláxicos que se manteñen durante o día nas augas abisais profundas, de ata 3.500 metros, e migran durante a noite cara a superficie, a uns 100 m, para alimentarse de anfípodos e crustáceos.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Na familia só existe un xénero, con dúas especies:
- Xénero Rondeletia
- Rondeletia bicolor (Goode e Bean, 1895)
- Rondeletia loricata (Abe e Hotta, 1963)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Rondelétidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Rondelétidos |