Rolls-Royce Dart
| Rolls-Royce Dart | |
|---|---|
Rolls-Royce Dart RDa. 3 Mk506 | |
| Tipo | turbohélice |
| Fabricante | Rolls-Royce |
| Primeiro encendido | 1946 |
| Principais aplicaciós | Avro 748 Breguet Alizé Fokker F27 Grumman Gulfstream I Vickers Viscount |
| N.º construídos | máis de 7 100 |
O Rolls-Royce RB.53 Dart é un motor turbohélice británico deseñado e fabricado por Rolls-Royce. O seu primeiro encendido foi en 1946 e foi o motor usado no primeiro voo do Vickers Viscount en 1948. Con este modelo sería o primeiro turbohélice en entrar en servizo nunha aeroliña, a British European Airways (BEA), en 1950. O 29 de xullo de 1948 un voo entre Northolt e o aeroporto de París-Le Bourget con 14 pasaxeiros nun Viscount con motores Dart foi o primeiro voo dunha aeroliña en usar un avión impulsado por turbinas.[1] O Viscount converteuse no primeiro avión con turbohélices en entrar en servizo con British European Airways (BEA), no ano 1953.
O Dart estaba aínda en produción cando se fabricaron os derradeiros Fokker F27 Friendship e Hawker Siddeley HS 748 en 1987. Segundo a convención da compañía de bautizar os seus motores de turbinas con nomes de ríos, o deseño deste turbohélice recibe o seu nome do río Dart, en Devon.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Turner 1968, p. 9