Rojo y negro
Rojo y negro | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Rojo y negro |
Director | Carlos Arévalo |
Produtor | Fernando Royo |
Guión | Carlos Arévalo |
Intérpretes | Conchita Montenegro Ismael Merlo Rafaela Satorres Ana de Sirio José Sepúlveda Luisita España Quique Camoiras María Luisa Ponte |
Música | Juan Tellería |
Montaxe | Mariano Pombo |
Estrea | 1942 |
Duración | 78 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Drama, Bélico |
Na rede | |
Rojo y negro é un filme español de 1942 dirixido polo falanxista Carlos Arévalo. O título fai referencia ás cores da bandeira da Falanxe,[1][2] as mesmas que as da politicamente oposta Confederación Nacional do Traballo.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Luísa e Miguel son mozos dende que eran uns nenos, e sempre estiveron xuntos. Durante a Segunda República Miguel afíliase a un partido de esquerdas e Luísa á Falanxe. Luísa comeza a axudar a compañeiros de partido perseguidos ou capturados. Co fin de comprobar se un deles se atopa preso na checa do Convento das Adoratrices, entra nela facéndose pasar por membro das Xuventudes Socialistas Unificadas. Pero o encargado da mesma, sospeita dela e faina seguir cando volve á súa casa.
Tralo rexistro da súa casa, descobren o recibo da súa afiliación ó partido e é detida. En primeiro lugar é levada á Checa das Adoratrices, onde é violada, e finalmente trasládana á Checa de Fomento.
Cando Miguel se decata de que está alí, corre no seu coche a buscala, pero ó chegar descobre que facía un cuarto de hora que a levaran fusilar. Corroído pola dor, Miguel comeza un tiroteo contra unha patrulla de milicianos, provocando deste xeito a súa propia morte.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Berthier & Sánchez-Biosca 2012, p. 108.
- ↑ Font 1976, p. 53.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Berthier, Nancy; Sánchez-Biosca, Vicente (2012). Retóricas del miedo. Imágenes de la Guerra Civil Española. Madrid: Casa de Velázquez.
- Font, Domènec (1976). Del azul al verde. El cine español durante el franquismo. Avance.
- Gubern, Román (1981). La censura. Función política y ordenamiento jurídico bajo el franquismo (1936-1975). Península.
- Torres, Augusto M. (2004). Directores españoles malditos. Madrid: Huerga y Fierro.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)