Roger Field

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roger Field
Nacemento31 de xullo de 1945
Lugar de nacementoLondres
NacionalidadeReino Unido
Alma máterCalifornia College of the Arts, Aiglon College e The King's School Canterbury
Ocupaciónguitarrista, inventor e deseñador
editar datos en Wikidata ]

Roger C. Field, nado en Londres o 31 de xullo de 1945, é un deseñador industrial, músico e inventor inglés, con máis de 100 patentes rexistradas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Roger Field criouse en Londres, Canterbury e Suíza. Foi alumno interno en The King's School, Canterbury e Aiglon College en Villars-sur-Ollon. En 1965 trasladouse a California onde estudou deseño industrial e obtivo un título do California College of the Arts. En 1972 foi a Alemaña.

Field tamén é coñecido como guitarrista, e tocou, entre outros, co seu amigo Chet Atkins e con Merle Travis. O seu invento máis coñecido é a Foldaxe, unha guitarra eléctrica plegable que fixo construír para Chet Atkins. Esta guitarra pode verse no libro de Atkins Me and My Guitars. Field levouse consigo unha das súas guitarras plegables nun Concorde e tocou a canción "Mr. Sandman" o 30 de setembro de 1987 para acompañar a promoción “a través da barreira do son”. Field gañou coa súa guitarra un importante premio de deseño (Designer's Choice Award) os Estados Unidos. Recibiu por iso a felicitación escrita de Raymond Loewy.

Field fotografou a numerosos famosos coa Foldaxe, tales como Paco de Lucía, Keith Richards, Mick Jagger, Paul McCartney, Hank Marvin, David Copperfield e Eric Clapton. Grazas á acción de Roger Field fixeron as paces Hank Marvin e Bruce Welch tras unha disputa que durou máis de dez anos, emprendendo estes unha vira de despedida co seu antigo grupo The Shadows por Gran Bretaña (2004) e por Europa (2005). Marcel Dadi compuxo a súa canción "Roger Chesterfield" para Roger Field (CD Guitar Legend Volume 1).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]