Saltar ao contido

Rocío Pazos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRocío Pazos
Biografía
Nacemento17 de marzo de 1975 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
A Pereiriña, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade da Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbanqueira Editar o valor en Wikidata

Rocío Pazos Toba, nada o 17 de marzo de 1975[1] na Pereiriña (Cee), é unha banqueira galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Economía e Empresas pola Universidade da Coruña en 1998 e ao pouco comezou a traballar no Banco Santander. Destinada en distintos postos, en novembro de 2015 déronlle unha xefatura de zona en Sevilla[2]. En 2019 foi nomeada directora comercial para Cantabria e Asturias[2] e ao ano seguinte, en 2020, directora comercial en Galicia. En marzo de 2021, pasou a ser directora da entidade en Galicia[3] substituíndo a Víctor Menéndez[4]. Nesa altura o Santander, logo da adquisición do Banco Popular (que á súa vez adquirira o Banco Pastor), era a segunda entidade en cota de mercado en Galicia, cun 26%[5].

  1. "Ro Pazos". www.facebook.com. Consultado o 2021-04-01. 
  2. 2,0 2,1 "Rocío Pazos Toba". Linkedin. Consultado o 1/4/2021. [Ligazón morta]
  3. "Rocío Pazos Toba, nueva directora territorial del Banco de Santander". Rías Baixas Tribuna. Consultado o 2021-04-01. 
  4. "Rocío Pazos, nueva directora territorial de Santander en Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-03-30. Consultado o 2021-04-01. 
  5. Sobrino, Ricardo (2020-09-18). "La nueva entidad tendrá la mayor cuota de oficinas en 12 de las 17 autonomías". Cinco Días (en castelán). Consultado o 2021-04-01.