Rocks Cluster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rocks Cluster (orixinalmente chamado NPACI Rocks) e unha distribución de Linux para clusters de computadores de alto rendemento. Foi inciada pola NPACI e a SDSC in 2000[1], e financiada inicialmente por unha subvención da NSF (2000-2007) [2] e actualmente realiza o seu labor con fondos da NSF[3]. Rocks baseouse inicialmente sobre a distribución Red Hat Linux, no entanto as versións máis modernas de Rocks baséanse en CentOS, cun instalador "anaconda" modificado, o cal simplifica a instalación en masa en moitos computadores. Rocks contén moitas ferramentas tales como MPI) que non forman parte de CentOS, pero que son de compoñentes integrais que fan un grupo de ordenadores nun custer.

As instalacions poden ser personalizadas con software adicional empregando CD's denominados Roll CD's que estenden o sistema integrando automaticamente os mecanismos de xestión e almacenaxe usados polo software base, o que simplifica a ardua tarefa de instalación e configuración dun gran número de computadores.[4] Creáronse máis dunha ducia de Rolls, incluíndo o SGE roll, o Condor roll, o Lustre roll, o Java roll, e máis o ganglia roll.

E unha das distribucións máis empregadas hoxe en día no ámbito dos clusters, pola súa facilidade de instalación e incorporación de novos nodos. Outra das súas facilidades é que incorpora gran cantidade de software para o mantemento e monitorización do cluster, o que en certos casos podería supor unha limitación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «About Rocks Cluster». Rocks Cluster Distribution. Consultado o 2007-08-05. 
  2. «Award Abstract #0438741 SCI: Delivering Cyberinfrastructure: From Vision to Reality». National Science Foundation. 1 de xullo de 2005. Consultado o 2007-08-05. 
  3. «Award Abstract #0721623 SDCI: NMI: Improvement: The Rocks Cluster Toolkit and Extensions to Build User-Defined Cyberenvironments». 31 de agosto de 2007. 
  4. «SDSC Enhances Rocks Cluster Management Toolkit». Grid Today. 16 de febreiro de 2004. Consultado o 2007-08-05. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]