Rock transgresivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Rock transgresivo
Álbum de Extremoduro
Xénero(s)Rock
Selo(s)Avispa
DRO East West
Producido porIñaki "Uoho" Antón
Cronoloxía
- Rock transgresivo Tú en tu casa, nosotros en la hoguera

Rock transgresivo é o título do primeiro álbum de estudio da banda estremeña de rock Extremoduro, gravado e publicado por Avispa en 1989 e remezclado, producido por Iñaki "Uoho" Antón e republicado por DRO en 1994.

Antes de gravar en 1989 o seu primeiro disco, o grupo o "vende" entre os seus amigos e coñecidos en forma de vales ao prezo de 1.000 pesetas co fin de poder pagar a súa gravación; finalmente obteñen 250.000 pesetas. Cando o gravan na discográfica independente Avispa, co título de Tú en tu casa, nosotros en la hoguera, aparecen na contraportada os nomes de todos aqueles que contribuíron á súa financiación. Con todo, a discográfica os engana co contrato, tendo incluso que pagar o propio grupo o estudio, co que o ambiente non resulta moi bo.

Este primeiro disco conta cun son de pouca calidade (é producido polo propio grupo), e foi feito con medios escasos e bastantes presas, de modo que, co tempo, e unha vez que o grupo xa publicou algúns traballos máis e conta cunha popularidad e medios suficientes, engade novas tomas e mistura de novo o disco, que era practicamente unha maqueta. Todo isto ocorre xa en 1994, cando é producido por Iñaki "Uoho" Antón, de Platero y tú, e publicado por DRO co título de Rock transgresivo.

O álbum inclúe dez temas, todos eles con música e letra escritas por Roberto Iniesta, líder do grupo. Durante a gravación a formación de Extremoduro conta con Iniesta como voz e guitarra, Salo como baixo, Luis "Von Fanta" como batería e Iratze facendo os coros; nas remisturas incorpórase como segunda guitarra a do propio Iñaki Antón.

Entre o seu repertorio atópanse cancións como "Decidí" ou "Arrebato", e contén tamén un gran éxito como "Extremaydura" e o que é probabelmente o tema máis famoso de Extremoduro, "Jesucristo García".

Aínda despois de remisturado, o disco posúe un son cru, ao igual que as súas letras, que, a pesar de non estar aínda tan elaboradas, inician a tradición lírica a seguir por Iniesta nos álbums sucesivos.

Contido[editar | editar a fonte]

Lista de cancións[editar | editar a fonte]

Rock transgresivo
Título Duración
01 "Extremaydura"
02 "Emparedado"
03 "Decidí"
04 "Romperás"
05 "Adiós, abanico, que llegó el aire"
06 "Arrebato"
07 "Jesucristo García"
08 "La hoguera"
09 "Te juzgarán sólo por tus errores (Yo no)"
10 "Caballero andante (¡No me dejéis asíii!)"