Rochas cristalinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As rochas cristalinas son unhas das rochas máis frecuentes na cortiza terrestre, e están formadas por cristais de aspecto e cores diversas. Son, xa que logo, heteroxéneas. As rochas heteroxéneas que están constituídas por cristais, todos eles visibles, reciben o nome de plutónicas.

Tipos[editar | editar a fonte]

As máis importantes son:

  • Granítica: é unha rocha coherente, xeralmente de cor gris, aínda que ás veces é rosada. No granito distínguense:
  1. Cuarzo: Son cristais de cor grisada case transparentes, e brillo vítreo. Raian con facilidade o vidro.
  2. Feldespato: Son os cristais máis abundantes. Teñen cor branca, ás veces rosada. Adoitan ser maiores cós anteriores.
  3. Mica: Son cristais negros, moi brillantes. Algúns poden separarse en pequenas láminas coa punta dunha navalla.
  • Sienita: É unha rocha de cor rosada, de características moi parecidas ás do granito, do que se diferencia por non ter cuarzo ou ser moi escaso. Os seus principais compoñentes son os feldespatos, especialmente a ortosa. Tamén posúe mica.
  • Gabro: É unha rocha de cor escura. Os minerais que a compoñen resultan difíciles de distinguir a primeira vista. Entre eles están as plaxioclasas, a biotita e outros minerais escuros.