Robinson Helicopter Company

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Robinson Helicopter Company
Robinson Helicopter Company logo.svg
Fundación1973
LocalizaciónTorrance, California
FundadorFrank Robinson
Produtoshelicópteros
Páxina webhttps://robinsonheli.com

Robinson Helicopter Company é un construtor de helicópteros civís baseado en Torrance, California. Robinson produce tres modelos: o R22 de dous asentos, o R44 de catro (os dous con motores de pistón Lycoming), e o R66 de cinco, que usa un motor de turbina.

Historia[editar | editar a fonte]

A compañía foi fundada en 1973 por Frank Robinson, un antigo empregado de Bell Helicopter e Hughes Helicopters. O seu primeiro helicóptero, o Robinson R22 de dúas prazas e con motor de pistón, foi introducido no ano 1979.[1]

En 1992 apareceu o seu segundo deseño, o Robinson R44, seguindo a mesma filosofía que o R22 pero co motor máis potente Lycoming O-540 e con capacidade para catro persoas.[1]

Os plans para a produción do Robinson R66 anunciáronse en marzo de 2007. É un helicóptero de cinco asentos cunha configuración semellante ao R44, pero cun compartimento para equipaxe, cabina máis ancha e cun motor de turbina de gas Rolls-Royce RR300.

En 2013 foi o líder mundial do seu mercado, vendendo 523 helicópteros lixeiros, cun 1% de incremento con respecto a 2012. Porén, a produción en 2014 foi de 329 aparellos. No ano 2015 a compañía estaba fabricando 1 R22, 4-5 R44 e 1-2 R66 por semana, e tiña un contrato con Rolls Royce para subministrar 100 turbinas RR300 turbinas por ano en 10 anos para o R66. A súa fábrica pode producir ata 1 000 helicópteros por ano.[2]

Dende a entrega do seu primeiro helicóptero en 1979, Robinson Helicopter fabricou ao redor de 12 000 aparellos.[3][4]

Produtos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Company information". Robinson. Consultado o 30 de outubro de 2018. 
  2. "Robinson Boosts Production as Sales Surge, Strikes Deal for 1,000 Rolls-Royce Turboshafts". AINonline. Consultado o 30 de outubro de 2018. 
  3. "Robinson Produces 10,000th Helicopter". Robinson. Consultado o 29 de outubro de 2018. 
  4. Lobb, Charles (2006). Torrance Airport. Charleston: Arcadia Publishing. pp. 13–14. ISBN 978-0-7385-4662-9. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]