Roberto Bautista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Roberto Bautista
Roberto Bautista Agut (19846292960).jpg
Nacemento14 de abril de 1988
 Castelló de la Plana
NacionalidadeEspaña
Ocupacióntenista
editar datos en Wikidata ]

Roberto Bautista Agut, nado en Castelló de la Plana o 14 de abril de 1988, é un tenista español.

Considerado na súa adolescencia como unha das máis firmes promesas do tenis español, en 2009 foi gañador dunha medalla de ouro e outra de bronce nos Xogos Mediterráneos, celebrados en Pescara. Non obstante, tivo que esperar ata os 24 anos para ingresar entre os cen primeiros tenistas da clasificación mundial, algo que logrou tras alzarse con tres vitorias na categoría Challenger. Venceu o seu primeiro torneo ATP World Tour en 2014, ano no que alcanzaría a súa mellor clasificación ata a data (14º) e o premio ao tenista con mellor progresión da tempada.

Roberto é un tenista solvente en todas as superficies, cun servizo preciso (liderou a estatística ATP de porcentaxe de primeiros saques en 2013), unha dereita potente e un eficaz golpe plano.[1]

É o primeiro e único tenista español máis novo que Rafa Nadal, en ingresar no Top 30.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Roberto Bautista se siente a gusto en la arcilla de Madrid". Web oficial da ATP. 7 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2014. Consultado o 14 de xullo de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]