Robert Corteen Carswell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Robert Corteen Carswell
Robert Corteen Carswell.jpg
Nacemento1950
 Illa de Man
Ocupaciónbailarín
editar datos en Wikidata ]

Robert "Bob" Corteen Carswell , nado 1950[1] é un escritor, presentador de radio e activista da lingua manx, galardoado en 2013 co premio da Manx Heritage Foundation Reih Bleeaney Vanannan polas súas contribucións á cultura manx. Ostenta o posto cerimonial de Yn Lhaihder[2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bob Carswell entrou en contacto pola primeira volta co manx a través da lectura, o clásico os textos clásicos First Lessons in Manx de Edmund Goodwin mais unha edición de 1775 Conaant Noa (Novo Testamento). A principios da década de 1970 converteuse en socio e logo directivo da sociedade para a promoción da lingua manx,  Yn Çheshaght Ghailckagh.[3] Grazas ao labor nesta asociación entrou en contacto co mundo da radio a finais da década de 1970 ao se facer cargo voluntariamente dun espazo semanal de 15 minutos que Manx Radio lle concedeu a difusións en lingua manx. As súas achegas incluían novas e comentarios, así como tamén históricas cómicas, pequenas pezas teatrais e documentais[3]. Con posterioridade entrou a formar parte do Gaelic Broadcasting Committee, ademais está considerado unha das voces máis importantes da radiodifusión en manx[4]. Presenta os programas semanais en manx Claare ny Gael, espazo no que difunde a vida mais a cultura en manx, a través da riqueza das tradicións e da música", Traa dy Liooar e mais o bilingüe Shiaght Laa[5].

Literatura[editar | editar a fonte]

Portada de Manannan's Cloak: An Anthology of Manx Literature

A súa contribución á literatura manx é especialmente significativa. Escribiu a columna Cree ny Cooish no semanario Isle of Man Weekly Times entre 1982 e 1984 e tamén escribiu outra columna na revista, FRITLAG entre 1983 e 1987[6] e mais tamén escribiu poemas e outras pezas literarias para diferentes publicacións e eventos como o festival cultural Yn Chruinnaght. Ademais publicou os libros de poemas Shelg yn Drane (1994) e Arraneyn 'sy Ghaelg (1996)[7].

Carswell está considerado a principal autoridade en literatura manx. En 2010 editou a escolma Manannan's Cloak: An Anthology of Manx Literature. O libro recolle a literatura manx dende os seus primeiros rexistros ata a época actual, comentando os extractos bilingües para situalos no contexto da historia da illa. O libro é a primeira recolleita de todas as épocas da literatura manx e como tal é unha contribución de primeira orde para a cultura e identidade local. 

Música[editar | editar a fonte]

Bob Carswell tamén mantivo unha importante relación coa música manx, tanto como letrista como bailarín e músico, e tamén a través do seu traballo voluntario para a Manx Heritage Foundation. Diversos grupos locais arranxaron e gravaron as súas cancións, entre os máis significativos están Mollag Band, Caarjyn Cooidjagh e Barrule, alén de recibir a encarga de escribir novas cancións para as escolas primarias da illa. Como bailarín actuou con Manx Folk Dance Society, Bock Yuan Fannee, Bock Bane e Calor Gas Ceilidh Band.

Ensino[editar | editar a fonte]

Bunscoill Ghaelgagh

En 1983 Bob Carswell comezou a investigar na tradición popular, a revisar e elaborar contos e rimas para o xardín de infancia en manx que levaba a súa primeira esposa, Peg. Desde 2006 traballou como tradutor e creador de recursos lingüísticos para Bunscoill Ghaelgagh.[8] e mais para Unnid Gaelgagh.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ‘Manannan’s Cloak – a bilingual anthology of Manx Literature’, biografía en Francis Boutle Publishers
  2. "Bob Carswell RBV is new Yn Lhaihder" Tynwald, 7 de xaneiro de 2013
  3. 3,0 3,1 Manannan's Cloak: An Anthology of Manx Literature Robert Corteen Carswell, Francis Boutle Publishers, London, 2010, p.184
  4. "‘Manx Culture Award for Bob’". IOM Today (en inglés). 19 de xaneiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2013. Consultado o 12 de xullo de 2018. 
  5. Bob Carswell en Manx Radio
  6. Manannan's Cloak: An Anthology of Manx Literature by Robert Corteen Carswell, Francis Boutle Publishers, London, 2010, p. 208
  7. Manannan's Cloak: An Anthology of Manx Literature by Robert Corteen Carswell, Francis Boutle Publishers, London, 2010, p. 216
  8. "Web de Bunscoill Ghaelgagh’". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2013. Consultado o 12 de xullo de 2018.