Rispetto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O rispetto é unha composición poética italiana de orixe popular que recibe este nome porque nela o poeta rende homenaxe á muller amada.

O rispetto consta dunha cuarteta de hendecasílabos en rima alterna (ABAB), seguida por un ou dos dísticos de hendecasílabos en rima pareada.

Os rispetti continuados forman unha serie de composicións unidas entre si polo mesmo tema; os rispetti soltos preséntanse nunha serie mais sen vínculos internos.

O rispetto pasou á poesía culta sobre todo no século XV con Poliziano e Luigi Pulci, e retomárono esporadicamente no século XIX Francesco Dall'Ongaro, Giosué Carducci e Giovanni Pascoli.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.