Risco moral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

O risco moral é un concepto económico que describe aquelas situacións nas que un individuo ten información privada acerca das consecuencias das súas propias accións e con todo son outras persoas as que soportan as consecuencias dos riscos asumidos. O risco moral infórmanos como os individuos asumen nas súas decisións maiores riscos cando as posibles consecuencias negativas dos seus actos non son asumidas por eles, senón por un terceiro.[1]

Existe risco moral cando unha persoa ten unha maior información acerca das súas propias accións que o resto dos individuos, esta situación provoca que, no caso de que sexa outra a persoa que soporta os custos asociados á falta de esforzo ou responsabilidade, os incentivos a esforzarse ou ser responsables estean distorsionados. O risco moral reduce a capacidade do mercado para asignar eficientemente o risco.

A utilización do termo "moral" para describir a situación exposta pode ser considerada errónea, por canto non hai nada especialmente inmoral no comportamento descrito, pois os individuos reaccionan ante os seus incentivos e por tanto exclúense malas intencións, tentativas fraudulentas etc. O risco moral é un dos problemas orixinados pola presenza de información asimétrica e pode ser "modelizado" como un problema do axente-principal.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]