Richard Clarke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Richard Lionel Clarke
Arcebispo da Igrexa de Irlanda
Biografía
Nacemento25 de xuño de 1949 en Dublín, Irlanda
Ordes
Ordenación sacerdotal1976
Consagración episcopal14 de setembro de 1996
Arcebispo de Armagh
Primado de Toda Irlanda
15 de decembro de 2012 - actualidade
PredecesorAlan Harper

Richard Lionel Clarke, nado o 25 de xuño de 1949 en Dublín, é un eclesiástico da Igrexa de Irlanda (Comuñón Anglicana), dende 2012 arcebispo de Armagh e primado de dita igrexa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Trinity College da Universidade de Dublín, e posteriormente no King's College de Londres. Foi ordenado diácono en 1975 e sacerdote en 1976. Exerceu o seu ministerio pastoral inicialmente en Holywood, durante dous anos, e posteriormente volveu a Dublín.

Foi elixido e consagrado bispo da diocese de Meath e Kildare en 1996. En 2012 foi elixido para suceder a Alan Harper como arcebispo de Armagh, e tomou posesión da sé o 15 de decembro de 2012.

Enviuvou en 2009. Ten dous fillos.

Notas[editar | editar a fonte]