Ricardo Sérgio
Biografía | |
---|---|
Datos persoais | |
Educación | Universidade Católica Portuguesa (pt) |
Actividade | |
Ocupación | locutor de radio , xornalista |
Ricardo Sérgio é un xornalista e locutor radiofónico portugués. Colabora na emisora Antena 3, no xornal Diário de Notícias e na revista Op.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É licenciado en Comunicación Social e Cultural pola Universidade Católica Portuguesa. Comezou a facer radio nos anos 1990, na radio da escola. Antes de facelo en Antena 3, traballou na RFM e no NetParque.
Na Antena 3, edita o info-3 e fai a emisión da tarde con Mónica Mendes. Fai tamén a emisión dos festivais de verán. Foi o protagonista da radionovela Perdidos no Éter, de Nuno Markl, con quen tamén fixo o Bizarro Bazar.
Amais da radio, tamén fixo teatro co Grupo de Teatro Independente da Universidade Católica Portuguesa e o grupo do Palco Oriental.