Antena 3 (Portugal)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Antena 3 é unha estación de radio da rede Rádio e Televisão de Portugal que ten sede na cidade de Lisboa. A súa programación é baseada en música alternativa e na divulgación de novos grupos musicais portugueses.

A Antena 3 é a radio nova do grupo RTP, que inclúe tamén Antena 1, Antena 2, RTP África e RTP Internacional. Emite para todo o Portugal continental e illas. No sur de Galicia tamén pode ser escoitada, en especial nas zonas raianas con Portugal, con gran potencia de emisión nos 102.00 da FM, sinal que vén do centro emisor de Muro, na Serra Amarela - Alto do Muro ou ben nos 104.00 da FM do centro emisor localizado en Valença.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundada o 26 de abril de 1994, destaca por promover a nova música portuguesa (ao longo dos anos descubríronse algunhas das máis importantes bandas nacionais do país) e ten como slogan o lema "A primeira vez é sempre na 3".

Nos últimos anos, a Antena 3 tivo como directores a Jorge Alexandre Lopes, Luís Montez e José Mariño.

Equipo da Antena 3[editar | editar a fonte]

Entre os locutores e programas da casa están:

  • Álvaro Costa (un dos maiores nomes da radio en Portugal, fai o programa Portugal 3.0)
  • Ana Galvão (é a voz da 3 entre a 13h e as 16h)
  • DJ Vibe (DJ nas noites da fin de semana)
  • Fernando Alvim (fai a Prova Oral, de luns a xoves, ás 19:00)
  • Henrique Amaro (experto en música portuguesa, autor do programa Portugália)
  • Joana Marques (copresentador no Manhãs da 3)
  • José Paulo Alcobia (responsable da área de cinema)
  • Jorge Botas (produtor)
  • Jorge Alexandre Lopes (responsable da programación de 1995-2001 e 2003-2005. Director de Produción 2010-2012)
  • Luís Franco-Bastos (voz da Outra Coisa)
  • Luís Oliveira (De luns a venres entre as 16:00 e as 19:00)
  • Miguel Freitas (presenta as Manhãs da 3, entre as 07:00 e as 10:00)
  • Miguel Quintão
  • Mónica Mendes (a voz do M e animadora das mañás da Antena 3 das 10h á 13h)
  • Nuno Calado (autor do Indiegente)
  • Nuno Reis (autor da Caixa de Ritmos)
  • Paulo Castelo (produtor, autor do Música Sem Filme que o presenta co Ricardo Sérgio)
  • Pedro Costa (autor do Coyote)
  • Raquel Bulha (autora do Planeta 3, Terra à Vista, Borda d'água e presentación da Hora do Sexo co psicólogo Quintino Aires)
  • Ricardo Sérgio (o home do info-3 e dos festivais de verán e tamén crítico de música do DN e da revista Op)
  • Rui Estevão (Voz da Antena 3, durante a semana, das 20h ás 22h, e ten un programa de propio chamado Purpurina, que ten o slogan: "Música de Dança Brilhante")
  • Rui Santos (Produtor e presentador - Fila 3)
  • Rui Miguel Abreu (autor da Nação Hip-Hop e fundador da editora Loop Recordings)
  • Rui Vargas (DJ do Lux, fai as noites dos venres)

A súa programación antiga[editar | editar a fonte]

Os xoves, a Antena 3 só retransmitía música portuguesa (por riba de todo bandas novas), por iso era chamado o día de "Quinta dos Portugueses" (en galego "Xoves dos portugueses"). Alén disto, Antena 3 tamén promoveu a "Quinta dos Portugueses ao vivo": un tipo de mini-festival de música portuguesa, que acontecía tódolos meses, ós venres, e sempre en cidades diferentes de Portugal, que xuntaba nun palco algunha das novas bandas e outras máis coñecidas. A "Quinta dos Portugueses" foi tamén o nome do palco da música portuguesa dalgúns festivais (SBSR, Sudoeste etc), coas bandas escollidas pola Antena 3.

Antena 3 destaca na súa promoción en filmes e a súa cobertura coidada dos festivais de cine como o de Venecia, Cannes, Doc Lisboa e Indie Lisboa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]