Rhydderch ap Iestyn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rhydderch ap Iestyn
Nacementoséculo IXxuliano
Falecemento1033
NacionalidadeGales
Ocupaciónrei
FillosGruffydd ap Rhydderch, Caradog ap Rhydderch e Rhys ap Rhydderch
editar datos en Wikidata ]

Rhydderch ap Iestyn, finado cara o 1033, foi rei de Gwent e Morgannwg no sur do actual Gales e posteriormente conquistou o reino de Deheubarth e chegou a controlar o reino de Powys.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Existe moi pouca información sobre o rei Rhydderch nos anais históricos. Orixinalmente parece ser o gobernante de Gwent e Morgannwg, (aínda que había outros gobernantes operando na zona. Hywel de Morgannwg, por exemplo aparece como "subregulus"), que posteriormente herdou o seu fillo Gruffydd. Cando Llywelyn ap Seisyll, rei de Gwynedd e Deheubarth morreu inesperadamente no ano 1023, deixando un fillo demasiado novo, Rhydderch aproveitou a ocasión para apoderarse de Deheubarth, aparentemente mediante a forza das armas. Segundo a Brut y Tywysogion ("Crónica dos príncipes") no ano 1033 o rei Rhydderch morreu loitando contra os irlandeses, pero non explica as circunstancias.

Á súa morte, o reino de Deheubarth regresou á súa dinastía orixinal pasando a mans de Hywel ab Edwin e do seu irmán Maredudd. No ano 1033 Hywel e o seu irmán e os fillos de Rhydderch enfrontáronse en batalla, pero Hywel conseguiu conservar o seu reino, aínda que o perdería no ano 1044 a mans do rei Gruffydd ap Llywelyn. No ano 1045, Gruffydd ap Rhydderch, o fillo de Rhydderch, apoderouse do reino de Deheubarth e conservouno durante dez anos ata que Gruffydd ap Llywelyn o recuperou.

Notas[editar | editar a fonte]

  • John Edward Lloyd A history of Wales from the earliest times to the Edwardian conquest (Longmans, Green & Co.)
  • Thomas Jones, ed. Brut e Tywysogion: Peniarth MS. 20 version (Cardiff: University of Wales Press, 1952).