Rhénus Sport
Aparencia
(Redirección desde «Rhenus Sport»)
Rhénus Sport | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 48°36′01″N 7°45′53″L / 48.600278, 7.764722 |
Localización | Estrasburgo, Francia |
Construción | |
Renovación | 2003 |
Arquitecto | Rauby & Marty |
Estadio | |
Capacidade | 6.200 espectadores |
Localía | Strasbourg IG (LNB Pro A) |
Eventos | |
Final da Euroliga (1981) | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Rhénus Sport é un pavillón polideportivo situado na cidade de Estrasburgo, Francia. Renovado en 2003 e con capacidade para 6.200 espectadores, é o fogar do equipo de baloncesto Strasbourg Illkirch-Graffenstaden Basket da LNB Pro A francesa.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1981, o pavillón exerceu como seda da final da Euroliga, nun encontro en que o Maccabi Tel Aviv derrotou ao Synudine Bologna por 80-79.[1] No ano 2006 acolle unha eliminatoria da Copa Davis en Francia e Suecia. Fóra do deporte, o 3 de abril de 2009 o Presidente dos Estados Unidos Barack Obama deu un discurso no pavillón ante un público alemán e francés, debido á súa presenza na cidade por mor do Cumio da OTAN de Estrasburgo-Kehl de 2009.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copa de Europa 1980/1981; Tras la pólemica el Maccabi se proclama campeón". Piratas del Basket (en castelán). 2 de xaneiro de 2014. Consultado o 17 de setembro de 2015.