SIG Strasbourg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SIG Strasbourg
Información xeral
Liga Pro A / Champions League
Alcume SIG
Fundación 1929
Cores           Vermello, branco
Presidente Francia Martial Bellon
Adestrador Finlandia Lassi Tuovi
Vestimenta Adidas
Localización
Cidade Francia Estrasburgo, Francia
Pavillón Rhénus Sport
Capacidade 6 166
Campionatos
Liga 1 (2005)
Copa 2 (2015, 2018)
sigstrasbourg.fr

O Strasbourg Illkirch-Graffenstaden Basket, máis coñecido como SIG ou simplemente Strasbourg, é un club profesional de baloncesto francés con sede na cidade de Estrasburgo, na rexión da Alsacia. Actualmente xoga na Ligue Nationale de Basket Pro A, a máxima categoría do baloncesto galo, e na Euroliga. No ano 2005 o club gañou o seu primeiro campionato de liga. O club xoga os seus partido como local no Rhénus Sport, un pavillón con capacidade para 6 166 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

O sociedade polideportiva Illkirch-Graffenstaden foi fundada en 1928, creando unha sección de baloncesto en 1929. Case unha década despois, en 1938, o club chegou á Division d’Excellence da FFBB (actual Pro A), descendendo en 1949 e non regresando até 1961. Durante moitos anos o club dominador da Alsacia foi o Foyer Alsacien Mulhouse, sete veces campión de Francia, desaparecido da elite en 1960. Así pois, a partir desa década dous clubs de Estrasburgo son os que animan o baloncesto rexional: o AS Strasbourg e a Sportive Illkirch Graffenstaden. Porén, sería este último o que finalmente chegaría ao éxito. Despois de décadas de ascensos e descensos intermitentes entre a Nationale I e II (terceira e cuarta categoría), o SIG chega finalmente á Pro A en 1994, chegando ese mesmo ano á final da Copa de Francia, onde se enfrontaría ao Limoges CSP, actual campión da Euroliga. O encontro saldase cunha derrota por 66 a 83. Ao ano seguinte o club participa na Copa Korać, aínda que o progreso se detén, descendendo de novo o club en 1998. Porén, non tardaría en volver á elite para a temporada 1999−00.

A partir da temporada 2004–05 chega ao club o adestrador Éric Girard, co que o club consegue acadar o terceiro posto na fase regular. Despois, nos playo-offs polo título o club consegue chegar á final vencendo onde vence aos seus tradicionais rivais, o SLUC Nancy, por 72 a 68. Debido ao título conseguido, o Strasbourg xoga ao ano seguinte na Euroliga, onde cae na fase de grupos tras gañar 3 partidos de 11: 84–76 ao TAU Cerámica, 90–82 á Union Olimpija e 70–66 ao AEK Atenas, os tres como local.[1] Despois de varios anos lonxe da elite, o equipo revive coa chegada ao banco en 2012 de Vincent Collet, con quen chegan durante tres anos consecutivos á final da liga, mais sen éxito. No ano 2015, pese a perder na final da Liga conseguen gañar a Copa de Francia.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Liga de Francia

  • Campións (1): 2005
  • Subcampións (3): 2013, 2014, 2015, 2016, 2017

Copa de Francia

  • Campións (2): 2015, 2018
  • Subcampións (1): 1998-99

Leaders Cup

  • Campións (1): 2015
  • Subcampións (1): 2013

Match des Champions

  • Campións (1): 2015

Segunda División de Francia

  • Campións (1):1998-99

Históricos[editar | editar a fonte]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Para aparecer na seguinte selección o xogador debe ter:

Xogado polo menos unha temporada no club.
Estabelecer un récord ou gañar un trofeo individual mentres está no club.
Ter xogado polo menos un partido internacional oficial.
Ter unha carreira destacada sexa no club, sexa en equipos anteriores ou posteriores.

Adestradores[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Euroleague 2005-06". Lingua Sport (en inglés). Consultado o 17 de setembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]