Rexións de Ghana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As rexións de Ghana constitúen o primeiro nivel de administración subnacional de goberno dentro da República de Ghana. Desde o 2020, hai dezaseis rexións,[1] as cales son subdivididas para propósitos administrativos en 260 distritos.

Rexións actuais[editar | editar a fonte]

Os límites das anteriores dez rexións foran oficialmente estabelecidos en 1987, cando a Rexión de Upper West foi inaugurada como a rexión administrativa máis nova do estado. A pesar de que a inauguración oficial foi en 1987, a Rexión de Upper West xa funcionaba como unha unidade administrativa desde a partición da Rexión Upper en decembro de 1982, antes do censo nacional de 1984.[2] O referendo para a creación de seis rexións novas foi celebrado o 7 de decembro de 2018, sendo aprobadas todas as rexións propostas.[3]

Rexión anterior Capital Rexión nova Capital
Ashanti Kumasi Ashanti Kumasi
Brong-Ahafo Sunyani Bono Sunyani
Rexión do Leste de Bono Techiman
Rexión de Ahafo Goaso
Central Cape Coast Central Cape Coast
Oriental Koforidua Oriental Koforidua
Grande Accra Accra Grande Accra Accra
Setentrional Tamale Setentrional Tamale
Savannah Damongo
Setentrional Leste Nalerigu
Superior Leste Bolgatanga Superior Leste Bolgatanga
Superior Oeste Wa Superior Oeste Wa
Volta Ho Volta Ho
Oti Dambai
Occidental Sekondi-Takoradi Occidental Takoradi
Norte Occidental Wiawso[4]

 

Mapa coas capitais rexionais de Ghana
Accra
Ho
Cape Coast
Takoradi
Wiawso
Dambai
Wa
Bolgatanga
Nalerigu
Damongo
Tamale
Kumasi
Sunyani
Techiman
Goaso
Koforidua
Capitais rexionais

Configuracións rexionais anteriores[editar | editar a fonte]

Independencia - 9 de marzo de 1957[editar | editar a fonte]

Tras a independencia en marzo de 1957, os Territorios do Norte, a Togolandia Británica e a Costa do Ouro uníronse para formar Ghana. Existían inicialmente cinco rexións. Togolandia uniuse con parte da Rexión Oriental e os Territorios do Norte da Costa do Ouro para formar a Rexión do Volta.[5][6]

Rexión anterior Capital Rexión nova Capital
Protectorado Ashanti Kumasi Rexión Ashanti Kumasi
Provincia Oriental Koforidua Rexión Oriental Koforidua
(Keta) Rexión do Volta Ho
Togolandia Ho
Territorios do Norte (Saboba)
Tamale Rexión do Norte Tamale
Provincia Occidental Sekondi Rexión Occidental Sekondi

Postindependencia e Primeira República[editar | editar a fonte]

O 4 de abril de 1959, a Rexión de Ashanti dividiuse oficialmente nas rexións de Ashanti e Brong-Ahafo, tras a Acta 18 de 1959 da Rexión de Brong Ahafo.[7] Isto foi debido ao movemento Brong Kyempem que preseguía o recoñecemento dos bonos como grupo étnico diferenciado dos ashantis coa súa rexión propia.[5]

Cando Ghana se tornou en república, o 1 de xullo de 1960, a Rexión do Norte foi dividida nas rexións Norte e Superior (Upper), quedando o número de rexións en sete.[5][7]

Rexión anterior Capital Rexión nova Capital
Ashanti Kumasi Ashanti Kumasi
Rexión Brong-Ahafo Sunyani
Rexión Oriental Koforidua Rexión Oriental Koforidua
Rexión do Norte Tamale Rexión do Norte Tamale
Rexión Superior Bolgatanga
Rexión do Volta Ho Rexión do Volta Ho
Rexión Occidental Sekondi Rexión Occidental Sekondi

Segunda República[editar | editar a fonte]

Durante a segunda república, a Rexión Occidental foi partida nas rexións Occidental e Central, facendo oito rexións en total. Isto foi feito para o censo de poboación de 1970. En 1971, Sekondi e Takoradi uníronse para formar Sekondi-Takoradi, a nova capital da Rexión Occidental.[5][6]

Rexión anterior Capital Rexión nova Capital
Ashanti Kumasi Ashanti Kumasi
Rexión Brong-Ahafo Sunyani Rexión Brong-Ahafo Sunyani
Rexión Oriental Koforidua Rexión Oriental Koforidua
Rexión do Norte Tamale Rexión do Norte Tamale
Rexión Superior Bolgatanga Rexión Superior Bolgatanga
Rexión do Volta Ho Rexión do Volta Ho
Rexión Occidental Sekondi Rexión Occidental Sekondi-Takoradi
Rexión Central Cape Coast

Era do Consello Provisional[editar | editar a fonte]

O Consello Provisional de Defensa Nacional, que foi o goberno militar que gobernou o país entre o 31 de decembro de 1981 e xaneiro de 1993, promulgou a lei do Grande Accra o de 23 de xullo de 1982, que creou a Rexión do Grande Accra. Isto fixo do Distrito Capital de Accra, onde se atopaba a capital nacional, e do concello de Ada, ambos ambos parte da Rexión Oriental, na nova Rexión de Grande Accra. No ano seguinte 1983, a Rexión Superior foi dividida na Rexión Superior Leste e na Rexión Superior Oeste, ficando o número total de rexións en dez.[6][7]

Rexión anterior Capital Rexión nova Capital
Ashanti Kumasi Ashanti Kumasi
Rexión Brong-Ahafo Sunyani Rexión Brong-Ahafo Sunyani
Rexión Central Cape Coast Rexión Central Cape Coast
Rexión Oriental Koforidua Rexión Oriental Koforidua
Grande Accra Accra
Rexión do Norte Tamale Rexión do Norte Tamale
Rexión Superior Bolgatanga Rexión Superior Leste Bolgatanga
Rexión Superior Oeste Wa
Rexión do Volta Ho Rexión do Volta Ho
Rexión Occidental Sekondi-Takoradi Rexión Occidental Sekondi-Takoradi

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ghana Now Has 16 Regions" (en inglés). Modern Ghana. Consultado o 17 de decembro de 2020. 
  2. David Owusu-Ansah. Historical Dictionary of Ghana (4 ed.). Rowman & Littlefield. p. xii. 
  3. Zurek, Kweku. "CONFIRMED: Results of the 2018 Referendum on new regions". Graphic Online (en inglés). Consultado o 17 de decembro de 2020. 
  4. "Sefwi Wiaso is capital of Western North region". www.myjoyonline.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2019. Consultado o 17 de decembro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Vinorkor, Mark-Anthony (5 de marzo 2020). "Evolution of the regions: from 5 to 16". Graphic Online. Graphic Communications Group Ltd. Consultado o 21 de outubro de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "Regions of Ghana". statoids.com. Gwillim Law and Shirley Law. 2018. Consultado o 21 de outubro de 2020. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "A short history of the creation of regions in Ghana". ghanaweb.com. GhanaWeb. 23 de xaneiro de 2019. Consultado o 24 de outubro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]