Revistas de acceso libre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As revistas de acceso libre son aquelas revistas existentes na rede que poden ser accedidas sen coste algún para os lectores. Inscríbense no movemento de acceso libre e son ben previamente financiadas polos autores no momento da publicación do seu artigo, ou ben por institucións. Existe un directorio que recolle publicacións deste tipo na Universidade de Lund, sempre que non requiran financiamento dos autores ou da institución (Directory of Open Access Journals).[1]

As revistas de acceso libre están proliferando moito en diversos campos, por exemplo, no científico, onde colaboran a unha comunicación científica máis áxil, menos dirixida por grupos de intereses e menos onerosa para os departamentos de investigación con orzamentos pequenos.

Notas[editar | editar a fonte]