Reventador
Aparencia
| Tipo | montaña estratovolcán volcán activo | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | El Chaco, Ecuador (en) | |||
| ||||
| Cordilleira | Cordillera Real (en) | |||
| Características | ||||
| Altitude | 3.562 m | |||
| Material ou ingrediente | andesita | |||

O Reventador é un volcán de Ecuador, situado aproximadamente a 90 km de Quito, entre as provincias de Napo e Sucumbíos. É un dos volcáns máis activos do arco volcánico ecuatoriano, tendo polo menos 16 erupcións dende 1541.
A existencia do volcán Reventador recoñeceuse oficialmente despois da exploración de J. H. Sinclair (1929), grazas á cal se obtiveron descricións confiables do volcán e da súa localización na rexión comprendida entre os ríos Coca, Salado e Dué. As primeiras descricións cualitativas das erupcións máis recentes foron achegadas por Hantke e Parodi (1966) e Hall (1977). Unicamente as súas dúas últimas erupcións (a de abril de 1976 e a de novembro do 2002) son descritas con algún grao de detalle.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Reventador |
