Return to Cookie Mountain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Return to Cookie Mountain
Álbum de TV on the Radio
Publicado6 de xullo do 2006
Duración56:10
Xénero(s)art rock, indie rock, rock alternativo
Selo(s)4AD (en todo o mundo)
Interscope/Touch and Go (EEUU/Canadá)
Producido porDavid Andrew Sitek
Cronoloxía
Desperate Youth, Blood Thirsty Babes Return to Cookie Mountain Dear Science

Return to Cookie Mountain é o segundo álbum de estudio da banda estadounidense de art rock TV on the Radio, editado o 6 de xullo do 2006 a través do selo 4AD. Nos Estados Unidos e o Canadá publicouse o 12 de setembro por Interscope Records e Touch and Go Recordings. Porén, unha versión sen masterizar do disco filtrouse en Internet a comezos do 2006. A edición norteamericana ven con tres cancións extra, dúas das cales don caras-b do sinxelo "Wolf Like Me"; a outra é unha remestura de "Hours", feita por El-P. Rodáronse vídeos para os sinxelos "Wolf Like Me" e "Province".

O disco contou con destacados vocalistas convidados: "Province" ten nos coros a David Bowie, que apiou o primeiro álbum da banda,Desperate Youth, Blood Thirsty Babes; Katrina Ford, do grupo Celebration, aparece en "Wolf Like Me", "Let the Devil In" e "Blues from Down Here"; e Kazu Makino, de Blonde Redhead canta en "Hours".

Return to Cookie Mountain conseguiu críticas moi positivas, e foi nomeado álbum do ano pola revista Spin, levando á banda a aparecer na súa portada. O disco foi o número 2 da lista dos 50 mellores álbums de 2006 para Pitchfork Media. Rolling Stone, Slant Magazine e Stylus Magazine elixírono cuarto mellor disco do ano, e foi quinto na lista anual de Metacritic. En 2009, Rhapsody situouno no número 8 da súa lista dos 100 mellores álbums da década. Return to Cookie Mountain foi listada como unha das 50 gravacións máis importantes da década polo programa All Songs Considered da emisora estadounidense National Public Radio[1]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "I Was a Lover" (Kyp Malone, David Andrew Sitek) – 4:21
  2. "Hours" (Tunde Adebimpe) – 3:55
  3. "Province" (Malone, Sitek) – 4:37
  4. "Playhouses" (Malone) – 5:11
  5. "Wolf Like Me" (Adebimpe) – 4:39
  6. "A Method" (Adebimpe) – 4:25
  7. "Let the Devil In" (Malone) – 4:27
  8. "Dirtywhirl" (Adebimpe) – 4:15
  9. "Blues from Down Here" (Malone) – 5:17
  10. "Tonight" (Adebimpe) – 6:53
  11. "Wash the Day Away" (Malone, Sitek, Adebimpe) – 8:08
  12. [son de ambiente]
  1. "Untitled" - 1:44

Cancións extra da edición norteamericana[editar | editar a fonte]

  1. "Snakes and Martyrs" (Malone) – 4:07
  2. "Hours (El-P Remix)" (Adebimpe) – 4:26
  3. "Things You Can Do" (Adebimpe, Sitek) – 5:26

Notas[editar | editar a fonte]