Retrato de Niccolò da Uzzano
O Retrato de Niccolò da Uzzano é unha terracota policromada, atribuída ao escultor renacentista Donatello, que data de arredor de 1432. O seu tamaño é de 46 x 44 centímetros e atópase no Museo Nacional do Bargello de Florencia.
Historia
[editar | editar a fonte]O busto estaba no palacio de Niccolò da Uzzano (naquela época en Capponi), e foi vendido pola familia ao Estado en 1881, que é cando trasladouse ao Museo do Bargello. Os documentos antigos lembran como o retrato do estadista florentino, durante o século XVI foi empregado coma modelo por Cristofano dell'Altissimo para a serie de retratos de grandes personaxes da «serie gioviana» colocada no corredoiro da Galería Uffizi de Florencia.
A atribución a Donatello é moi controvertida, a obra estivo atribuída a Desiderio de Settignano por Janson (1957). Ponse en dúbida o tema do retrato, que só se coñece dende o século XVI e que pertencera ás obras do palacio de Capponi. Niccolò da Uzzano, foi un dos executores do testamento do antipapa Xoán XXIII, polo que entrou en contacto con Donatello para levar a cabo a execución do desexo de Xoán XXIII para a realización da súa tumba e é moi probábel que o encargara el mesmo ao escultor.
Descrición
[editar | editar a fonte]O traballo é da máis alta calidade e é un dos máis antigos retratos de busto do Renacemento. As liñas da faciana de carácter moi naturalista están moi marcadas, segundo parece e confirmado por unha restauración realizada, crese que veñen dun molde feito da máscara mortuoria do personaxe.
A pesar diso, a calidade da modelaxe relaciónase con algunhas obras de Donatello, coma as dos dous profetas Habacuc e Xeremías, realizadas entre os anos 1423 e 1435.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Wirtz, Rolf C. (1998). Donatello 1386-1466 (en inglés). Colonia, Könemann. ISBN 3-8290-0244-0.