República de Carolina do Sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRepública de Carolina do Sur

Localización
Editar o valor em Wikidata
CapitalColumbia Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1860 Editar o valor em Wikidata
Disolución1861 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porEstados Confederados de América Editar o valor em Wikidata
MoedaDólar Confederado (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

A República de Carolina do Sur (en inglés Republic of South Carolina) foi un país non recoñecido, situado no actual Estado de Carolina do Sur que declarou a súa secesión dos Estados Unidos de América o 20 de decembro de 1860. Durante este período tamén foi coñecida como a República do Palmetto.[1]

Secesión[editar | editar a fonte]

Por unanimidade, a convención estatal que tivo lugar en Columbia elixiu separarse da Unión. Adoptaron a bandeira do palmeto como bandeira nacional[2]

Tras a declaración de secesión, o antigo congresista James L. Petigru remarcou que Carolina do Sur era moi pequena para ser unha república e moi grande para ser unha residencia de enfermos mentais. [3] Pouco despois, Carolina do Sur comezou a prepararse para unha presunta intervención por parte do goberno estadounidense, mentres traballaba por convencer a outros estados do sur en que se separaran da unión para formar unha confederación das repúblicas do sur.

O 8 de febreiro de 1861 a República de Carolina do Sur uniuse aos Estados Confederados de América.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cauthen, Charles Edward; Power, J. Tracy (2005). South Carolina goes to war, 1860-1865. University of South Carolina Press. p. 79. ISBN 978-1-57003-560-9. 
  2. Walter B. Edgar. "South Carolina: A History". Columbia, SC: University of South Carolina Press, 1998
  3. Burger, Ken (13 February 2010). "Too large to be an asylum". The Post and Courier (Charleston, South Carolina: Evening Post Publishing Co). Consultado o 22 April 2010.  Paragraph 4

Véxase tamén[editar | editar a fonte]