República Autónoma de Abkhazia
República Autónoma de Abkhazia აფხაზეთის ავტონომიური რესპუბლიკა | ||
---|---|---|
| ||
Estado | ![]() | |
Capital | ||
Forma de goberno | Goberno autonómico Exiliado | |
Independencia xeorxiana da Unión Soviética: Declarada Recoñecida | 9 de abril de 1991 25 de decembro de 1991 | |
• Total | 8.600 km² | |
• Total | 240.705 (2011) hab. | |
• Densidade | 27´78 hab./km² | |
Código ISO | GEL | |
O Goberno da República Autónoma de Abkhazia (xeorxiano: აფხაზეთის ავტონომიური რესპუბლიკის მთავრობა) é unha administración recoñecida por Xeorxia como o goberno legal e único de Abkhazia. Abkhazia foi "de facto" independente de Xeorxia, aínda que con moi pouco recoñecemento internacional, desde principios de 1990. Vakhtang Kolbaia, elixido en abril de 2013, é o actual xefe do goberno no exilio.
Logo da Guerra en Abkhazia (1992-1993), Xeorxia propuxo negociacións a cinco bandas entre o Goberno da República Autónoma, o goberno de Abkhazia "de facto" e do goberno de Xeorxia, xunto con Rusia e a ONU como partes interesadas, para resolver o estado final de Abkhazia no marco do estado xeorxiano.[1] O lado Abkhazio quería asegurarse de que Xeorxia non intentaría resolver o problema pola forza das armas antes de tomar parte nas negociacións.
Entre setembro de 2006 e xullo de 2008, o goberno da República Autónoma de Abkhazia tivo a súa sede na Alta Abkhazia. pero, foi obrigado a abandonar o territorio de Abkhazia en agosto de 2008, durante a Guerra Ruso-Xeorxiana, polas Forzas Armadas de Abkhazia. Alta Abkhazia é un territorio que ten unha poboación de cerca de 2.000 habitantes (1-1,5% da poboación de posguerra de Abkhazia) e está situada na parte superior do Val de Kodori (aproximadamente o 17% do territorio da antiga República Autónoma Socialista Soviética de Abkhazia. O goberno no exilio é parcialmente responsable dos asuntos duns 250.000 desprazados internos que foron forzados a abandonar a Abkhazia logo da guerra de Abkhazia e a resultante limpeza étnica de xeorxianos da zona.[2][3]
Historia[editar | editar a fonte]
Durante a Guerra en Abkhazia, o Goberno da República Autónoma de Abkhazia, entón chamado o "Consello de Ministros de Abkhazia", deixou Abkhazia despois de que as forzas separatistas abkhazas tomasen o control da capital da rexión Sukhumi. Logo de fortes combates o 27 de setembro de 1993, que levarona á masacre de Sukhumi, na que varios rebeldes do goberno de Abkhazia, incluído o seu presidente Zhiuli Shartava, foron executados polos rebeldes. O Consello de Ministros trasladouse á capital de Xeorxia Tbilisi, onde operou como o Goberno de Abkhazia no exilio durante case 13 anos. Durante este período, o goberno de Abkhazia no exilio, dirixido por Tamaz Nadareishvili, era coñecido por unha actitude dura no problema abkhazo e frecuentemente expresou a súa opinión de que a solución ao conflito só se pode alcanzar a través da resposta do exército de Xeorxia ao secesionismo. Máis tarde, a administración de Nadareishvili viuse implicada nalgunhas disputas internas e non tomou parte activa na política de Abkhazia ata que un novo presidente, Irakli Alasania, foi nomeado polo presidente de Xeorxia, Mikheil Saakashvili, o seu enviado nas negociacións de paz sobre Abkhazia.
Logo da exitosa operación xeorxiana da Crise de Kodori de 2006 no Val Kodori, cualificada como operación policial, na que o "señor da guerra" Emzar Kvitsiani foi desarmado e a orde constitucional restituída na zona, o presidente Saakashvili anunciou, o 27 de xullo de 2006, que as autoridades decidiran establecer o goberno abkhazo baseado en Tbilisi no exilio no desfiladeiro de Kodori (Alta Abkhazia):
Esta decisión significa que por primeira vez desde 1993 o goberno entra no medio da Abkhazia, da nosa Abkhazia, para exercer a xurisdición xeorxiana e a orde constitucional xeorxiana. Este é un feito moi importante e un acontecemento político fundamental.[4]
Durante a Guerra Ruso-Xeorxiana de 2008, a República de Abkhazia uniuse cos osetios e abriu unha segunda fronte contra Xeorxia. Durante a Batalla do Val de Kodori as forzas abkhazas leales ao Goberno da República de Abkhazia empuxaron ao Goberno da República Autónoma de Abkhazia fóra da rexión de Abkhazia. Sergei Bagapsh, o presidente do Goberno da República de Abkhazia dixo nun discurso aos abkhazos que dicían que "a xurisdición do estado de Abkhazia foi restaurada na parte ald do Val de Kodori.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "The Resolution of the Parliament of Georgia on the measures of conflict settlement in Abkhazia". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 18 de agosto de 2018.
- ↑ Birgitte Refslund Sørensen, Marc Vincent (2001), Caught Between Borders: Response Strategies of the Internally Displaced, pp. 234-5. Pluto Press, ISBN 0-7453-1818-5.
- ↑ On Ruins of Empire: Ethnicity and Nationalism in the Former Soviet Union Georgiy I. Mirsky, p. 72
- ↑ Tbilisi-Based Abkhaz Government Moves to Kodori Arquivado 12 de outubro de 2007 en Wayback Machine., Civil Georgia, 27 de xullo de 2006. URL accessed on 28 de xullo de 2007.
- ↑ "Sergei Bagapsh announces restoration of control over Kodori Gorge". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2012. Consultado o 18 de agosto de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: República Autónoma de Abkhazia |