Saltar ao contido

Renovação (Lisboa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Renovação»)

Renovação
 Título
Renovação Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua
Datas
 Fundación / creación
1925 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
1925 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Colección
 País de orixe
Fontes e ligazóns
 Obra dispoñible en
Wikidata

Renovação , de nome completo Renovação : revista quinzenal de artes, literatura e atualidades foi unha publicación periódica editada pola Sección Editorial de “A Batalha” (jornal diário operário), con Alexandre Assis como redactor e Gonçalves Vidal como director. Publicouse entre xullo de 1925 e xuño de 1926, facendo un total de 24 números, publicados quincenalmente. O seu programa serviu de propaganda para o movemento anarcosindical, mediante a organización grupal e a escrita aberta de militantes e simpatizantes da causa libertaria, co obxectivo de renovar a sociedade portuguesa mediante a difusión cultural. Como eles mesmos referiron “desvelar novos horizontes para o pensamento. Trae a arte á comunidade de todos. Non fagas das ideas privilexio de tantos”.

Colaboradores

[editar | editar a fonte]

A revista conta cunha ampla lista de colaboradores: Adelaide Cabete, Adriano Botelho, Adolfo Lima, Alexandre Vieira, Armando Figueiredo de Lucena, Artur Portela, Assis Esperança, Bernardo Marques, Clementina Carneiro de Moura, César Porto, Costa Júnior, Emílio Martins Costa, José Régio, Ferreira de Castro, Jaime Brasil, José Carlos Rates, Mário Domingues, Julião Quintinha, Manuel Joaquim de Sousa, Mário Castelhano, Neno Vasco, Nogueira de Brito, Pinto Quartim, Roberto Nobre, Rocha Martins, José Santos Arranha, Stuart Carvalhais, Tomás da Fonseca e Vitorino Nemésio.[1]

Notas

  1. Jorge Mangorrinha (1 de Março de 2016). "Ficha histórica:Renovação : revista quinzenal de artes, litertura e atualidades (1925-1926)" (pdf). Consultado o 18 de maio de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]