Relay 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Relay 1
Relay 1
TipoComunicacións / científico
OrganizaciónNASA
Contratistas principaisRCA Astro
Destino actualEn órbita terrestre, fóra de servizo.[1]
Data de lanzamento13 de decembro de 1962, 23:30 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorThor Delta B[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla LC-17A[3][6]
Obxectivo da misiónComunicacións e experimentos científicos.[3][6]
NSSDC ID1962-068A
Masa170,0 kg[3]
Datos orbitais
Inclinación47,5 graos[1]
Apoapse7444,1 km[1]
Periapse1328,0 km[1]

Relay 1 foi un satélite artificial da NASA lanzado o 13 de decembro de 1962 mediante un foguete Thor Delta B desde o centro espacial de Cabo Cañaveral[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

Relay 1 foi un satélite de comunicacións que levaba a bordo tamén algúns instrumentos científicos para estudar os cintos de radiación arredor da Terra.[3][5][6]

A nave estabilizábase mediante xiro, inicialmente cunha velocidade de 167,3 rpm. Pouco despois do lanzamento xurdiron problemas coa resposta do satélite a algúns comandos e cunha fuga nun regulador de alta potencia, causando que durante dúas semanas o satélite non puidera funcionar normalmente, despois das cales traballou tal como estaba previsto. A bordo levaba un transmisor para seguimento e outro para telemetría, que operaba a 1152 bps. Finalmente, máis tarde, a fuga causou que o sistema eléctrico do satélite pasara a un modo de baixo voltaxe a principios de 1965. Producíronse transmisións esporádicas ata febreiro de 1965.[3][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "RELAY 1 (A-15)" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "Letter dated 18 January 1963 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (63-01353). 21 de xaneiro de 1963: 2. Consultado o 25 de febreiro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (8 de decembro de 2016). "Relay 1" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2017. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Relay 1" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Relay 1, 2" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "Relay" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]