Reinaldo Ventura
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de maio de 1978 (46 anos) Vila Nova de Gaia, Portugal |
Actividade | |
Ocupación | xogador de hóckey a patíns |
Deporte | hóckey a patíns |
Premios | |
Reinaldo Miguel Silva Ventura, nado en Vila Nova de Gaia o 26 de maio de 1978 é un xogador de hóckey a patíns portugués. Xoga como defensa, medio e dianteiro e o seu club actual é o OC Barcelos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xogou durante 26 tempadas no FC Porto, club co que conseguiu 13 ligas portuguesas (10 delas consecutivas entre as tempadas 2001/02 e 2010/11), 8 Copas de Portugal e 10 Supercopas. En 2015 deixou o club de Porto para xogar no OC Barcelos,[1] onde estivo dúas tempadas e onde gañou dúas Copas CERS. Logou marchou a Italia, país no que competiu durante tres anos, primeiro no CGC Viareggio (dúas tempadas) e logo no GSH Trissino (durante a tempada 2019/20). En abril de 2020 volveu ao OC Barcelos aos seus 41 anos.[2]
Selección nacional
[editar | editar a fonte]É un xogador habitual da selección portuguesa (coa que debutou en 1997). Co combinado luso gañou en 2003 o Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns. Capitaneou logo á selección que que quedou subcampioa nos Campionato de Europa de hóckey a patíns de 2008 e 2010, e terceira no de 2009 que se disputou nas cidades de Pontevedra e Vigo, e que conquistou as Copas das Nacións de 2009 e 2011. En 2012 deixou a selección, pero volveu en 2016, gañando ese ano o Campionato de Europa.
Equipos
[editar | editar a fonte]- FC Porto: 1995-2015
- OC Barcelos: 2015-2017
- CGC Viareggio: 2017-2019
- GSH Trissino: 2019-2020
- OC Barcelos: 2020-actualidade
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 13 Ligas Portuguesas: 1998–99, 1999–00, 2001–02, 2002–03, 2003–04, 2004–05, 2005–06, 2006–07, 2007–08, 2008–09, 2009–10, 2010–11 e 2012–13
- 8 Copas de Portugal: 1995–96, 1997–98, 1998–99, 2004–05, 2005–06, 2007–08, 2008–09 e 2012–13
- 8 Supercopas de Portugal: 1996, 1998, 2000, 2005, 2006, 2007, 2008, 2009, 2011 e 2013
- 1 Copa CERS: 1995–96
- 2 Copas CERS: 2015–16, 2016–17
- 1 Campionato do Mundo "A": 2003
- 1 Campionato de Europa: 2016
- 2 Copa das Nacións de Montreux: 2009 e 2011
- 1 Xogos Mundiais: 2001
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Reinaldo Ventura despede-se do FC Porto" (en portugués). 16 de maio de 2015. Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ "Reinaldo Ventura no Óquei de Barcelos" (en portugués). 26 de abril de 2020. Consultado o 13 de outubro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |