Saltar ao contido

Reduced instruction set computing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os ordenadores de conxunto de instrucións reducido ou reduced instruction set computer (RISC) son aqueles nos que as instrucións de código máquina teñen todas a mesma lonxitude, unha palabra por instrución, o número de instrucións adoita ser menor e apenas hai instrucións con modos de direccionamento distintos aos habituais.[1][2][3]

As primeiras arquitecturas de ordenadores RISC foron a IBM 801, de IBM; MIPS, da Universidade de Stanford; e RISC 1 e 2, da Universidade de California en Berkeley.[1] Ao comezo, as arquitecturas de RISC só se usaban en ordenadores de alta gama, como estacións de traballo, pero a mediados da década de 1990 se comezaron a utilizar en ordenadores personais e, ao comezo do século XXI, se comezaron a utilizar en dispositivos móbiles.[4]

  1. 1,0 1,1 "What is RISC?". Páxina web da Universidade de Stanford. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  2. Mano, M. Morris; Kime, Charles R. (2005). Fundamentos de diseño lógico y de computadoras. Pearson. ISBN 84-205-4399-3. 
  3. García Carballeira, Félix; Carretero Pérez, Jesús; García Sánchez, José Daniel; Expósito Singh, David (2015). Problemas resueltos de estructura de computadores. Paraninfo. ISBN 978-84-283-3701-4. 
  4. "RISC | Definition, Meaning & Facts | Britannica". Páxina web da Encyclopedia Britannica. Consultado o 22 de agosto do 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]