Complex instruction set computing
En arquitectura computacional, CISC (do inglés, Complex Intruction Set Computer, en galego, Computador con Conxunto de Instrucións Complexas) é un modelo de arquitectura de computadores.
Os microprocesadores CISC teñen un conxunto de instrucións que se caracteriza por ser moi amplo e permitir operacións complexas entre operandos situados na memoria ou nos rexistros internos, en contraposición á arquitectura RISC.
Este tipo de arquitectura dificulta o paralelismo entre instrucións, polo que, na actualidade, a maioría dos sistemas CISC de alto rendemento implementan un sistema que converte ditas instrucións complexas en varias instrucións simples do tipo RISC, chamadas xeralmente microinstrucións.
Os CISC pertencen á primeira corrente de construción de procesadores, antes do desenvolvemento dos RISC. Exemplos deles son: Motorola 68000, o Zilog Z80 e toda a familia Intel x86, AMD x86-64 usados na maioría dos ordenadores persoais actuais.
Hai que facer notar con todo que a utilización do termo CISC comezou tras a aparición dos procesadores RISC como nomenclatura despectiva por parte dos defensores/creadores destes últimos.
Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |