Redondeláns Adiante
| Redondeláns Adiante | |||
|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||
| Localización | |||
| |||
| Wikidata |
Redondeláns Adiante (A.D.I.A.N.T.E.) é unha formación política de carácter municipalista, independente, nacionalista e progresista, que focaliza o seu ámbito de actuación no concello pontevedrés de Redondela. Actualmente atópase integrado no Partido Galeguista. O seu líder é Alejandro Bastos Fernando.
Historia
[editar | editar a fonte]Redondeláns Adiante foi inscrito no rexistro de partidos do Ministerio do Interior de España o 11 de marzo de 2003.[1] Ese mesmo ano alcanzou dous edís nas eleccións municipais de 2003. No ano 2005 o partido pasou a formar parte do Partido Galeguista.[2] Nas eleccións municipais do ano 2007 volveu repetir resultado, mantendo os mesmos dous escanos. Nos comicios de 2011, porén, non conseguiu ningún escano ao obteren só 631 votos e o 6,82%.
A súa sede está en Chapela.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rexistro de partidos do Ministerio de Interior: Redondeláns Adiante[Ligazón morta].
- ↑ "Redondeláns Adiante se integra en el Partido Galeguista" La Voz de Galicia, 16/11/2005.