Saltar ao contido

Inmunorreceptor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Receptor inmune»)
Exemplo de inmunorreceptor

Un inmunorreceptor ou receptor inmunolóxico é un receptor, xeralmente situado na membrana plasmática, que se une a unha substancia (ligando), como por exemplo unha citocina ou un antíxeno, e causa unha resposta no sistema inmunitario.

Os principais receptores do sistema inmunitario son os receptores de recoñecemento de padrón (PRR), os receptores de tipo Toll (TLR), os receptores activadores de célula asasina (KAR), os receptores inhibidores de célula asasina (KIR), os receptores do complemento, os receptores de Fc, receptores de célula B (BCR) e os receptores de célula T (TCR).[1]

Comparación
Receptor Únese a [1] Función[1]
Receptor de recoñecemento de padrón (PRR)
(por exemplo, TLR, NLR)
Padrón molecular asociado a patóxenos (PAMP) Median na produción de citocinas, o que produce inflamación e destrución do patóxeno
Receptor activador de célula asasina e receptores inhibidores de célula asasina (KAR e KIR) Permiten que as células NK identifiquen células do hóspede anormais (os KAR) ou inhiben unha destrución indebida dunha célula do hóspede (os KIR)
Receptor do complemento Proteína do complemento por exemplo, depositadas sobre microbios Permiten que as células fagocíticas e as células B recoñezan os microbios e inmunocomplexos.
Receptores de Fc Complexos epítopo-anticorpo estimulan a fagocitose
Receptor de célula B (BCR) epítopos Diferenciación das células B en células plasmáticas produtoras de anticorpos e proliferación
Receptor de célula T (TCR) epítopos liñais unidos ao MHC Activan células T
Receptor de citocina citocinas regulación e coordinación de respostas inmunitarias
  1. 1,0 1,1 1,2 Lippincott's Illustrated Reviews: Immunology. Tapa branda: 384 páxinas. Editor: Lippincott Williams & Wilkins; (1 de xullo de 2007). (en inglés) ISBN 0-7817-9543-5. ISBN 978-0-7817-9543-2. Páxina 20

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]