Recambios Tucho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Recambios Tucho
OrixeRibeira, Galicia
Período2000 − presente
Xénero(s)Rock
Membros"Tuchiño"
Pablo Laranxo
Na rede
MySpace oficial

Recambios Tucho é un grupo galego de rock nado no seo de Heredeiros da Crus no ano 2001. Encabezado por "Tuchiño", adícase a versionar temas clásicos do rock and roll.

Membros[editar | editar a fonte]

Historia[editar | editar a fonte]

Nado no seo de Heredeiros da Crus no ano 2000 para dar saída a unha serie de versión de temas clásicos, que por aquel entón a súa compañía discográfica non lles permitía, Recambios Tucho preséntase como un proxecto encabezado por "Tuchiño", que empezou a tomar forza tras a disolución de Heredeiros en 2005.

Non deron o seu primeiro concerto até o 23 de xullo de 2009 na Festa da Dorna de Ribeira, sendo curioso o dato porque no mesmo escenario fixo a súa primeira aparición, en 1992, Heredeiros da Crus.[1] O 2010 presentouse cunha axenda apertada de concertos por toda Galicia, que a banda intentará culminar coa gravación dun álbum de temas inéditos despois do verán.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]