Saltar ao contido

Rebelde Way

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rebelde Way
FormatoTelenovela xuvenil
Creado porCris Morena
Desenvolvido por
Dirixido porMartín Mariani
IntérpretesBenjamin Rojas
Luisana Lopilato
Felipe Colombo
Camila Bordonaba
Diego García
Arturo Bonín
Tema de aperturaTemp. 1:
«Rebelde Way»
«Resistiré»
Temp. 2:
«Tiempo»
«Para Cosas Buenas»
«Vas a Salvarte»
País de orixe Arxentina
Lingua(s)Castelán
Temporadas2
Episodios316
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Augusto Di Benedetto
Duración45 minutos
DistribuidorDori Media Group
Emisión orixinal
Canle de orixeAzul Televisión/Canal 9
Formato de imaxe720p HDTV
Primeiro episodio27 de maio 2002
Derradeiro episodio10 de novembro de 2003
Na rede
IMDB: tt0328789 Allocine: 7875 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Rebelde Way é unha serie arxentina creada e producida por Cris Morena. Emitiuse orixinalmente a través de Azul Televisión/Canal 9 dende o 27 de maio de 2002 até o 10 de novembro de 2003.[1] Unha idea orixinal de Cris Morena e producido pola súa empresa, Cris Morena Group, e Dori Media Group, ten un total de 316 capítulos divididos en 139 na primeira tempada e 177 na segunda tempada. A serie emitiuse en moitos países, acadando un éxito xeneralizado.[2]

Primeira tempada

[editar | editar a fonte]

A serie conta as vivencias duns adolescentes estudantes internos nun colexio en Buenos Aires, Arxentina, chamado Elite Way School destinado aos fillos das familias máis poderosas e con maior nivel adquisitivo do país. Por outra banda, existe un método de bolsas no cal o aspirante a ingresar na devandita institución realiza un exame, dependendo deste a súa incorporación ao establecemento. Non obstante, un grupo de estudantes cuxo único interese é marxinar e excluír aos bolseiros, denominado A Loxa, realiza maquiavélicas trampas e demais estratexias para conseguir a expulsión destes.

A historia céntrase en catro estudantes do Elite Way School: Mía Colucci (Luisana Lopilato), Pablo Bustamante (Benjamín Rojas), Marizza Pía Spirito (Camila Bordonaba) e Manuel Aguirre (Felipe Colombo) que, por amor á música e a pesar das súas diferenzas, forman unha banda musical, Erreway, a escondidas dos profesores os cales tenta coartar a súa creatividade e capacidade de expresión.

Segunda tempada

[editar | editar a fonte]

A segunda tempada comeza co regreso das vacacións de verán dos rapaces do Elite Way. A banda Erreway reafírmase, e fan concertos polo país coa ilusión de gravar un disco que os leve á fama.

Non poden estar ausentes as historias de amor e nesta tempada os amores e desamores son máis intensos ca nunca, os rapaces xa creceron e séntense diferentes. As parellas de Pablo e Marizza, Mía e Manuel, pasan por altos e baixos acadando que triunfe o amor por encima de todos os obstáculos.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Protagonistas

[editar | editar a fonte]

Personaxes secundarios

[editar | editar a fonte]

Rapaces:

Adultos:

  1. "¿Qué fue del reparto juvenil de 'Rebelde Way'?". FormulaTV (en castelán). Consultado o 2018-07-11. 
  2. Gaceta, La. "Los 'Rebelde Way' causan furor e idolatría en Israel". www.lagaceta.com.ar. Consultado o 2018-07-11. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]