Saltar ao contido

Ras Dashan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRas Dashan
Imaxe
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteÁfrica Editar o valor en Wikidata
División administrativaSemien Gondar Zone, Etiopía (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 13°14′12″N 38°22′21″L / 13.2367, 38.3725
CordilleiraMontañas Semien Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude4.533 m Editar o valor en Wikidata
Prominencia topográfica3.997 m Editar o valor en Wikidata
Illamento topográfico1.483 km Editar o valor en Wikidata
Material usadobasalto Editar o valor en Wikidata
Historia
Cronoloxía
1841 primeira ascensión Editar o valor en Wikidata

O Ras Dashan (tamén transcrito Ras Dashen e Ras Dejen; en ge'ez: ራስ ደጀን rās dejen ou ራስ ዳሸን rās dashen, literalmente "cabeza gardiá", pero cabeza aquí vale por montaña) é o monte con maior altura de Etiopía. Está incluído no Parque Nacional dos Montes Semien, e alcanza unha altitude de 4.549 m.s.n.m.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O monte localízase a uns 160 km ao norte do lago Tana, na cadea dos Montes Simien, e sobresae entre outros nove cumes importantes. É o único pico de Etiopía que está nevado en inverno. Xeoloxicamente é unha enorme rocha basáltica, de orixe volcánica.

Desacordos na altura

[editar | editar a fonte]

As medicións habituais outorgábanlle unha altura de 4.533 m. Unha medición de 4.620 m, demostrouse que era inconsistente. Máis recentemente un equipo franco-italiano de DGPS medía unha lixeira maior elevación dando 4.549 metros, que está de acordo coas ofrecidas polas autoridades cartográficas de Etiopía.

Transcrición do nome

[editar | editar a fonte]

Aínda que a transcrición do nome ofrecido polo Servizo Cartográfico de Etiopía resulta no topónimo "Ras Dejen", máis o uso fixo que "Ras Dashan" ou "Ras Dashen" sexa moito máis utilizados.

Primeira ascensión

[editar | editar a fonte]

A primeira ascensión por occidentais debeu efectuarse en 1841, polos oficiais franceses Ferret e Galinier; porén as ascensións de autóctonos son moi posíbeis desde tempos inmemoriais polas boas condicións climáticas que ofrece o pico e a existencia de asentamentos pastorís a elevada altura.