Saltar ao contido

Raquel Queizás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRaquel Queizás

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de xullo de 1975 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Queirugás, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncontacontos, actriz, director teatral Editar o valor en Wikidata

Páxina webraquelqueizas.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm10937892 Facebook: raquelqueizas Instagram: raquelqueizas Editar o valor en Wikidata

Raquel García Rodríguez, nada en Queirugás (Verín) o 4 de xullo de 1975, é unha narradora oral, directora de escena e actriz galega, máis coñecida como Raquel Queizás.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dende nova viuse influenciada polas historias que escoitaba dos seus avós,[1] o que espertou nela unha paixón pola narración oral, a lingua, a lectura e o teatro. En 1998 graduouse en Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela,[2][3][4] onde participa no grupo de teatro universitario Captatio Benevolentia[5]. Comezou a súa carreira na narración oral e no teatro profesional en 1999[6][7] formando parte da compañía de teatro Berrobambán[8] e narrando historias en bibliotecas de Galicia. Formou parte dos elencos das compañías de teatro Os monicreques de Kukas e Galitoon. En 2012 funda xunto a Chus Álvarez[9] a compañía Teatro da Semente[10][11], especializada en montaxes para a primeira infancia e público infantil. Dende o ano 2016 centra a sua carreira no eido na narración oral e nos espectáculos unipersonais.

O seu repertorio inclúe contos tradicionais,[12] lendas, adaptacións de autores e creacións propias.[13] Nos seus espectáculos emprega a interacción activa co público e o humor como ferramenta principal.[14]

  • Valdemuller, Centro Dramático Galego, dirixida por Pablo Vergne, 2008.[15] [16] (Actriz e monicrequeira)
  • Sete contos capitais, Os monicreques de Kukas, dirixida por Isabel Rei Pousada, 2008.[17] (Monicrequeira)
  • O castelo da Rocha Vella, Os monicreques de Kukas e a Real Filharmonía de Galicia, 2009.[18](Actriz e narradora)
  • O Kikirixote, Os monicreques de Kukas, dirixida por Marcelino de Santiago, 2012.[19][20] (Actriz e monicrequeira)
  • Golulá, Galitoon, dirixida por Andrea Bayer, 2009.[21] (Actriz protagonista)
  • Rosalía, a pulga que escribía, Galitoon, dirixida por Andrea Bayer, 2009. [22][23] (Monicrequeira)
  • Os limóns, Galitoon, dirixida por Luis Miguel Rodríguez Castro, 2010.[24] (Actriz protagonista)
  • Viaxe a Dadá, Teatro da Semente, 2012. [25] [26] (Dirección e interpretación)
  • Chíos, Teatro da Semente, 2013. [27] [28](Dirección e interpretación)
  • Gatuxo, Magín Blanco, 2014.[29][30] (Dirección e actriz protagonista)
  • Gretel e Bela, Teatro da Semente, 2016. [31] (Dirección e interpretación)
  • Desafógate. Unha aventura acuática, Raquel Queizás, 2023.[32] [33](Dirección,interpretación e manipulación de monicreques)
  1. Actas da XI Xornada de Literatura de Tradición Oral. O rol da muller na literatura de tradición oral. (Páxinas 91 e 92)
  2. "Raquel Queizás". Saberes Próximos. Consultado o 2024-07-22. 
  3. "Raquel Queizás – Narración Oral Galega" (en castelán). Consultado o 2024-07-22. 
  4. "Raquel Queizás - Maratón de los Cuentos". www.maratondeloscuentos.org. Consultado o 2024-07-22. 
  5. "Animalia | CDAEM, Teatro Español". www.teatro.es (en castelán). Consultado o 2024-08-04. 
  6. "Raquel Queizás: "O público infantil é moi sincero; traballar con el encántame"". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2024-07-22. 
  7. Dossier da obra de Berrobabám "Diariamente". Acreditada coma Raquel García.
  8. "Raquel Queizás". Redescena. Consultado o 2024-07-22. 
  9. "Chus Álvarez , actriz" (en castelán). Consultado o 2024-08-04. 
  10. "Teatro da Semente, seleccionado entre 948 propostas para participar na 17ª Feira de Teatro de Castela e León". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2024-08-04. 
  11. "Teatro da Semente". web.archive.org. 2018-05-11. Archived from the original on 11 de maio de 2018. Consultado o 2024-08-04. 
  12. García, Beatriz Blanco (2021-05-03). "Raquel Queizás, en Zamora: “Los niños valoran ver a princesas valientes y mujeres pirata en los cuentos”". La Opinión de Zamora (en castelán). Consultado o 2024-07-22. 
  13. "Conversamos con… Raquel Queizás | lamariola". web.archive.org. 2020-10-27. Archived from the original on 27 de outubro de 2020. Consultado o 2024-07-22. 
  14. "Entrevista no xornal La Región". Raquel Queizás. 2011-09-25. Consultado o 2024-07-22. 
  15. "Valdemuller". Centro Dramático Galego. 
  16. "El Centro Dramático Galego apuesta por el «teatro de objetos» con «Valdemuller»". La Voz de Galicia (en castelán). 2008-03-25. Consultado o 2024-08-04. 
  17. "2008 Sete Contos Capitais". Os monicreques de Kukas. Consultado o 2024-08-04. 
  18. "Érase una vez en A Rocha Vella". La Voz de Galicia (en castelán). 2009-10-27. Consultado o 2024-08-04. 
  19. "Evento: O Kikirixote (Aventuras e desventuras dun galo de curral) | Cultura de Galicia". www.cultura.gal. Consultado o 2024-08-04. 
  20. "O Kikirixote". La Opinión de A Coruña (en castelán). 2022-02-11. Consultado o 2024-08-04. 
  21. Dossier de Golulá, 2009
  22. "Estreas na Feira das artes escénicas". Centro dramático galego. 
  23. Dossier de Rosalía, a pulga que escribía, 2009.
  24. "Os Limóns". aaag.gal. Consultado o 2024-08-04. 
  25. "Estrea de "Viaxe a Dadá"". Raquel Queizás. 2012-10-24. Consultado o 2024-08-04. 
  26. Programa do auditorio municipal de ourense 2015 (Páxina 37)
  27. "CHIOS". Redescena. Consultado o 2024-08-04. 
  28. SER, Cadena (2016-02-27). "Teatro da semente presenta... Chíos". Cadena SER (en castelán). Consultado o 2024-08-04. 
  29. "Gatuxo". aaag.gal. Consultado o 2024-08-04. 
  30. "«Gatuxo», de «Magín Blanco», se estrenará en la 18ª Feria de teatro de Castilla y León". Revista de Viajes y Turismo (en castelán). Consultado o 2024-08-04. 
  31. "Gretel e Bela". aaag.gal. Consultado o 2024-08-04. 
  32. "Teatro 'Desafógate. Unha aventura acuática' | Universidade de Vigo". www.uvigo.gal. Consultado o 2024-08-04. 
  33. "'Desafógate', unha obra de monicreques gratuíta coa que previr os riscos do medio acuático". Pontevedra Viva. 2023-03-04. Consultado o 2024-08-04. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]