Ramón Pardiñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ramón Pardiñas
Nacemento27 de maio de 1802
Santiago de Compostela
Defunción1 de outubro de 1838
Maella
RamaExército de Terra de España
RangoXeneral
Batallas/GuerrasPrimeira guerra carlista

Ramón Pardiñas Villardefrancos y Taboada, nado en Santiago de Compostela o 27 de maio de 1802 e finado en Maella o 1 de outubro de 1838, foi un destacado militar e político galego, falecido en combate na primeira guerra carlista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Rafael Pardiñas Villardefrancos y Varela, tamén militar, e de Ana María Taboada y Moscoso, Pardiñas ingresou no exército español en 1816, como subtenente no Rexemento Provincial de Santiago de Compostela. Falecido Fernando VII, combateu na primeira guerra carlista, tomando partido polo bando cristino. Foi elixido deputado a Cortes en 1834 e en 1837. Ese mesmo ano alcanzaría o rango de brigadier, e ao ano seguinte o de Mestre de Campo. Faleceu na Batalla de Maella, na que foi derrotado por Ramón Cabrera.