Ramiro González Vicente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramiro González Vicente
Ramiro González Vicente.jpg
Nacemento20 de abril de 1962
 Burgos
NacionalidadeEspaña
Alma máterFacultade de Dereito (Universidade do País Vasco)
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Ramiro González Vicente, nado en Burgos o 20 de abril de 1962, é un político do País Vasco de ideoloxía nacionalista vasca. É procurador nas Xuntas Xerais de Áraba e, dende 2015, Deputación Foral de Áraba.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Nado en Burgos, viviu dende os 4 anos en Vitoria. Exerce de avogado colexiado, especializado en Dereito Civil e Mercantil e licenciado pola Universidade do País Vasco. Está casado, ten dúas fillas e reside na localidade arabesa de Mendoza.

No ano 2002 afiliouse ó Partido Nacionalista Vasco e dende 2007 é procurador nas Xuntas Xerais de Áraba. Durante a lexislatura 2007-2011 na que o seu compañeiro de partido Xabier Agirre exerceu de Deputado Xeral, Ramiro González foi voceiro adxunto do grupo nacionalista. Cando Agirre perdeu a Deputación en favor do popular Javier de Andrés en 2011, González substituíuno á fronte da portavocía do grupo nas Xuntas Xerais.

Nas eleccións forais de 2015, Ramiro González foi cabeza de lista do Partido Nacionalista Vasco. O 30 de xuño de 2015, con 13 votos de PNV e 5 de PSE-EE, Ramiro González foi investido Deputado Xeral de Áraba polas Xuntas Xerais de Áraba.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ramiro González, investido Diputado General de Álava DIARIO DE NOTICIAS DE ÁLAVA". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 28 de novembro de 2016.