Ramón Perejón Pardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Perejón Pardo
Biografía
Nacemento1889 Editar o valor em Wikidata (134/135 anos)
Alcalde de Castro de Rei
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro industrial , político Editar o valor em Wikidata

Ramón Perejón Pardo, nado cara a 1889, foi un enxeñeiro industrial e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Antonio Perejón Ron e Concepción Pardo Sanmartiño donos do pazo de Mondriz. Fixo a carreira de enxeñería industrial. Na Segunda República foi elixido alcalde de Castro de Rei. Foi nomeado para a Xefatura de Industria de Ourense en decembro de 1935.[1] Foi enxeñeiro xefe de Industria de Lugo até 1956 en que foi nomeado para o Consello Superior de Industria en Madrid.[2] Foi nomeado enxeñeiro xefe de primeira clase do Corpo de Enxeñeieros Industriais en 1958.[3] Xubilouse en 1962.


Predecesor:
?
 
Alcalde de Castro de Rei
 
1931 - 1936
Sucesor:
Serafín Carballo Aguiar

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Irmán de Joaquín Perejón Pardo. Casou con Pilar Bermejo Puente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 19-12-1935, p. 3.
  2. El Progreso, 9-2-1956, p. 2.
  3. El Progreso, 23-4-1958, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]