Ramón Pasarón Lastra
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 2 de setembro de 1808 Castropol |
| Morte | 5 de xaneiro de 1876 Madrid |
| Lugar de sepultura | camposanto de San Isidro |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | xuíz, político |
| Partido político | Partido Progresista |
| Familia | |
| Irmáns | Ubaldo Pasarón |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana (1908-1930), (vol:XLII, sec:Pasarón y Lastra (Ramón), p.468) |
Ramón Pasarón Lastra, nado en Castropol o 2 de setembro de 1808 e finado en Madrid o 5 de xaneiro de 1876, foi un xurista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi xuíz de Viveiro (1838) e xuíz de primeira instancia en Ferrol (1841), maxistrado da Audiencia de Valladolid (1842) e ministro da Audiencia de Pamplona (1843). Membro dos progresistas, foi deputado polo distrito de Ribadeo (1850-1852), polo de Lugo (1854-1856) e polo de Pastrana (Guadalaxara) (1871-1873). Foi intendente xeral de Cuba (1854-1856), gobernador civil da Coruña e vicepresidente do Congreso.
Obras
[editar | editar a fonte]- Proyecto de bancos agrícolas para las provincias de Galicia y Asturias, 1853.
- Informe sobre el estado en que halló a los colonos pobres de Galicia el hambre que los afligió durante el año 1853, 1853.
- La Isla de Cuba considerada económicamente, 1858.