Saltar ao contido

Ramón Ormazábal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Ormazábal
Biografía
Nacemento1910 Editar o valor en Wikidata
Irún Editar o valor en Wikidata
Morte5 de xullo de 1982 Editar o valor en Wikidata (71/72 anos)
Bilbao Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de Euskadi Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5599984

Ramón Ormazábal Tife, nado en Irún en 1910, e finado en Bilbao o 5 de xullo de 1982, foi un político comunista vasco, fundador e dirixente do Partido Comunista de Euskadi (Euskadiko Partidu Komunista, EPK).

Primeiros anos: 1910–1936

[editar | editar a fonte]

Ramón Ormazábal naceu en Irún, Guipúscoa, en 1910. Empeza traballar en Hendaia ós doce anos, uníndose axiña a círculos comunistas. Milita no Partido Comunista en Irún e tras a insurrección errada de 1934 ten que fuxir a Pamplona.[1] Cando o Partido Comunista de Euskadi (PCE-EPK) constitúese como organización nacional na primavera de 1935, Ormazábal fíncase en Biscaia, onde é un dos fundadores manténdose contrario á autonomía do EPK do Partido Comunista de España proposta por Juan Astigarrabía, quen é expulsado do partido por "desviación nacionalista".[1][1][2]

A guerra civil: 1936–1945

[editar | editar a fonte]

En 1936, ó comezo da guerra civil española Ormazábal participa na Xunta de Defensa de Biscaia, até a constitución do Goberno Provisional do País Vasco. Dirixe a revista Euskadi Roja, do órgano en Euskadi do Partido Comunista (SEIC). Ó final da guerra civil, en abril de 1939, é apresado en Alacante polas tropas italianas do bando sublevado, e recluído no campo de concentración de Albatera, Valencia.[3] Posteriormente é trasladado ó cárcere de Valencia, de onde foxe en maio de 1940, exiliándose primeiro nos Estados Unidos e despois en América do Sur, onde é un organizador comunista.[1]

Última etapa: 1945–1982

[editar | editar a fonte]

Tras a segunda guerra mundial, Ormazábal trasládase a Francia en 1946, onde continúa traballando para o partido dende o exilio e clandestinamente en España. É arrestado en Las Arenas en xuño de 1962, acusado de ser un dos dirixentes das folgas dese ano en Guipúscoa e Biscaia, sendo torturado, encerrado na prisón de Carabanchel e posteriormente xulgado o 21 de setembro de 1962 nun consello de guerra sumarísimo xunto a outros 9 acusados entre os que se atopaban Agustín Ibarrola, Vidal de Nicolás, Antonio Giménez Pericás e Enrique Múgica.[4]. Ormazábal é sentenciado coa maior condena, 20 anos de prisión.[5]

Ormazábal cumpre oito anos de condena en Burgos e é excarcerado en xullo de 1969, facéndose cargo da secretaría xeral do Partido dende Francia. É candidato por Biscaia ó Congreso dos Deputados nas eleccións xerais de 1977, participando xunto a Dolores Ibarruri e Santiago Carrillo nun masivo mitin na Feira de Mostras de Bilbao, en cuxa intervención Ormazábal realizou unha contundente condena do terrorismo de ETA.[6] No III Congreso do Partido Comunista do País Vasco desenvolvido na primavera de 1977 en Bilbao, Ormazábal é substituído como secretario xeral do PCE-EPK por Roberto Lertxundi.[7] O congreso ten lugar despois duns malos resultados do PCE-EPK nas eleccións no País Vasco e pensábase que Lertxundi, ex-membro do grupo terrorista Euskadi Ta Askatasuna (ETA), sería máis próximo co electorado. Ormazábal é elixido presidente neste congreso, e reelixido no cargo no congreso de 1981.[1] Ormazábal permanece no PCE tras a escisión en 1981, mentres o sector maioritario liderado por Lertxundi constitúe Euskadiko Ezkerra (EE) en confluencia con Euskal Iraultzarako Alderdia (EIA), liderado por Mario Onaindia.[2][7]

Morre dun ataque ao corazón en Bilbao o 5 de xullo de 1982, ós 72 anos de idade.[2]

  1. 1 2 3 4 5 Auñamendi Eusko Entziklopedia.
  2. 1 2 3 Patxo Unzueta.
  3. Foro pola Memoria.
  4. ABC, 22 de setembro de 1962.
  5. José Antonio Pérez Pérez.
  6. Raúl López Romo.
  7. 1 2 Javier Angulo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]