Ramón López Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ramón López Otero
Nacemento1875
Lugar de nacementoGuitiriz
Falecemento1951
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Ramón López Otero, nado en Pígara (Guitiriz) en 1875 e finado nos Vilares en 1951, foi un párroco e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Colaborou en diversos periódicos e, segundo Nicanor Rielo Carballo, publicou en Madrid en 1903, Diálogo en una zapatería entre el párroco de... y Roque, zapatero. Foi o impulsor da recollida de cartos entre a parroquia e os emigrantes na América para a construción da escola dos Vilares, na aldea do Laxoso. Exerceu de párroco nesa parroquia até a súa morte.