Camilo Varela Mariño
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX valor descoñecido |
Alcalde de Val do Dubra | |
2011 – 2015 ← Juan Manuel Baleato – Antonio Negreira Noya → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Val do Dubra |
Ocupación | médico, político |
Ramón Camilo Varela Mariño é un médico e político galego, do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Médico destinado a Val do Dubra, Varela Mariño foi elixido concelleiro en 1991 como número 5 nas listas do Partido Popular, encabezadas por Juan Manuel Baleato. Nas seguintes convocatorias foi o número 2 e man dereita do alcalde. Ao renunciar este en outubro de 2011 logo dunha sentenza de inhabilitación, Camilo foi elixido para a alcaldía, se ben por estar de vacacións tardou uns días en poder tomar posesión, e foi substituído temporalmente por Rosa Parafita[1].
No 2015 o PPdeG perdeu as eleccións, pasando 6 a 3 edís, en parte por unha escisión cara a TEGA, gañando Anova os comicios e sendo elixido alcalde en minoría o seu candidato, Antonio Negreira Noya. Desta forma situouse na oposición todo o mandato, e no 2019 retirouse da primeira liña política.
Predecesor: Juan Manuel Baleato |
Alcalde de Val do Dubra 2011 - 2015 |
Sucesor: Antonio Negreira Noya |