Ramón Calviño Salazar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Calviño Salazar
Biografía
Nacemento27 de abril de 1904 Editar o valor em Wikidata
Meaño, España Editar o valor em Wikidata
Morte1984 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfuncionario , político Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosManuel Calviño Cobas Editar o valor em Wikidata

Ramón Antonio Calviño Salazar, nado en Meaño o 27 de abril de 1904 e finado en Vigo en 1984, foi un funcionario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Calviño Cobas e Esperanza Salazar de Lis, donos do pazo de Lis.[1] Orfo de pai aos 14 anos, marchou a Cuba e despois á Arxentina en 1929.[2] Retornou e foi funcionario municipal do Concello de Meaño, e correspondente de El Pueblo Gallego en Meaño.[3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu co seu cuñado Virgilio Trabazo Serapio na madrugada do 19 de xullo á Coruña, onde embarcaron para Buenos Aires.[4] Anos despois logrou levar á muller e o fillo ao exilio arxentino. Ramón dedicouse ao transporte público de viaxeiros. Retornaron a Galicia nos anos sesenta.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Cuntis con Camila Carballo Blanco en 1935,[5] e foi pai de Ramón Calviño Carballo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]