Rafaela Hervada Carnerero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rafaela Hervada Carnerero
Nome completoRafaela Hervada Carnerero
Nacemento24 de xullo de 1917
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento26 de febreiro de 2010
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónavogada
editar datos en Wikidata ]

Rafaela Hervada Carnerero, nada na Coruña o 24 de xullo de 1917 e finada na mesma cidade o 26 de febreiro de 2010[1], foi unha avogada e directora de radio galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Francisco Hervada García Sampedro, un home de negocios coruñés que creou en 1934 a emisora Radio Coruña, a primeira da cidade. En 1942 rematou os estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela[2], sendo a primeira muller que se licenciou en Dereito na Coruña, e unha das primeiras en toda Galicia.

Á morte do seu pai Pancho Hervada en 1964 faise cargo da dirección de Radio Coruña, converténdose na primeira directora dunha radio en España.[3] Dirixiu a emisora ata 1989, cando decidiu deixar paso ao seu sobriño Ángel Gómez Hervada.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Consuelo Bautista (27 de febreiro de 2010). "Rafaela Hervada, una vida dedicada a la radio". El País. 
  2. "Carnet de notas". El Correo Gallego. 30 de maio de 1942. 
  3. Isabel Bugallal (1 de maio de 2009). "Rafaela Hervada: "Nunca supe lo que era EAJ41"". La Opinión.