Rafael Cuadrado Sierra
Rafael Cuadrado Sierra | |
---|---|
Falecemento | século XX |
Nacionalidade | España |
Ocupación | industrial, xornalista e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Rafael Cuadrado Sierra foi un industrial, xornalista e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Industrial de Ferreira do Valadouro, foi correspondente de El Pueblo Gallego no Valadouro dende 1924.[1] Na República foi presidente do Comité Republicano do Valadouro e Alfoz constituído no Valadouro en maio de 1931.[2] En 1933 foi nomeado pola Deputación de Lugo recacador de cédulas do Valadouro.[3] Foi elixido alcalde do Valadouro como presidente da Comisión Xestora o 21 de marzo de 1936.[4] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído e abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1942.[5]
Predecesor: ' |
![]() Alcalde do Valadouro 1936 |
Sucesor: ' |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou na Laxe con Tarsilia Freire Iglesias en maio de 1930.[6]