Radviliškis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Radviliškis
Centro da cidade

Radviliškis é unha cidade do distrito municipal de Radviliškis de 17254 habitantes (2011), pertencente ao condado de Šiauliai County en Lituania. Radviliškis é o centro administrativo do distrito desde 1950, e mais é un importante nó ferroviario.

Historia[editar | editar a fonte]

Radviliškis fundouse a fins do século XV e menciónase por vez primeira en 1567. En 1687, Jan Sobieski, o rei de Lituania e Polonia, deulle o dereito a manter un mercado.

Entre os séculos XVII e XIX tanto forzas militares, como pragas e a fame devastaron a cidade varias veces e así tras a peste de 1708–1710 a cidade quedou deshabitada.

Estación de ferrocarril de Radviliškis

A localidade gradualmente volveu medrar e en especial coa construción en 1870 da liña de ferrocarril entre Liepāja e Romny que cruzaba a cidade, á que se engadiu en 1873 a liña de Radviliškis a Daugavpils. Nesa época a maioría dos residentes eran traballadores do ferrocarril.