Radio Salnés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Radio Salnés
Tipoemisora de radio
Data de fundación1995
SedeCambados
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Radio Líder Salnés é unha emisora de radio localizada en Cambados,que comezou a emitir o 19 de marzo de 1995 no 107.9 FM.

Características[editar | editar a fonte]

Aínda que a licenza corresponde ao concello de Cambados, este cedeu a súa xestión a outras empresas nos últimos anos. Primeiro foi a Gesradio, logo a Salnés Siradella e a partir de 2005 a Cadena Noroeste de Medios de Comunicación, que adoitou recentemente o nome comercial de Radio Líder e mantén un acordo de emisión con Punto Radio.

A denominación actual da emisora e Radio Líder Salnés e as desconexións locais poden escoitarse entre as 12.00 e as 14.00 horas. Os seus contidos céntranse tanto na comarca do Salnés como no Barbanza.

O programa, que presentan os xornalistas e locutores Suso Blanco e Susana Figueiras, mantén seccións habituais que rotan durante a semana, centradas en temas variados como Informática (As Ondas dos SILs[1], emitido os luns), Saúde (En lista de espera, con Manuel Martín), Discapacidade (Todos Contan), Psicolopsía (Mundo Interior) ou Hostalaría e Turismo (espazo auspiciado polo CIFP Carlos Oroza), entre outros.

Notas[editar | editar a fonte]