Radio Juventud (Ribadavia)
Radio Juventud de Ribadavia EFJ 8 | |
---|---|
Pazo de Baamonde, antiga sede de Radio Juventud de Ribadavia. | |
Tipo | Emisora de radio |
Data de fundación | 1949 |
Organización matriz | Cadena Azul de Radiodifusión |
Sede | Ribadavia |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Radio Juventud, co indicativo EFJ 8, foi unha emisora de Ribadavia fundada en 1949 e que se integrou na Cadena Azul de Radiodifusión.
Historia
[editar | editar a fonte]A emisora foi a primeira estación escola de Frente de Juventudes en Galicia, unha iniciativa mediante a que se pretendía a formar a profesionais no eido da radiodifusión. A radio emitía en onda curta e gañou sona na década de 1950.[1] A maior parte da programación era musical aínda que tamén había espazos formativos sobre temas agrarios ou do bacharelato e de entretemento (radionovelas).[2] Durante a década de 1960, Radio Juventud pechou por interferencias no sinal da televisión.
Radio Juventud tiña os seus estudios no Pazo de Baamonde e tivo como directores a José María Casas Rosendo e a José Antonio Hermida Alonso, e entre os seus locutores destacou José Luis García Casasnovas.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lira Pousa, Lolín (2019-05-17). "Radio Juventud de Ribadavia". La Región (en castelán). Consultado o 2023-04-15.
- ↑ "Historia en 4 tiempos: Radio Juventud de Ribadavia (Crónica de 1963)". La Región (en castelán). 2013-09-15. Consultado o 2023-04-15.
- ↑ Blanco Campaña, Xosé Luis (1999). Historia da radio en Galicia. Edicións Lea. p. 216. ISBN 84-89947-73-2.